Dereitos de autor
Propiedade intelectual e dereitos de autor
A propiedade intelectual está integrada por unha serie de dereitos (chamados "dereitos de autor") que atribúen ao autor de forma exclusiva disposición e explotación das súas obras.
Os dereitos de autor son aquelos que posúe o creador dunha obra literaria, artística ou científica polo feito de tela creado, e outorgan de maneira exclusiva, entre outros, o dereito a ser recoñecido como autor e os dereitos de explotar a obra (reproducila, difundila, modificala).
Existen diferencias entre copyright e dereitos de autor según o conxunto de dereitos aos que fai referencia:
- "dereitos de autor" (aplicable en países con cultura xurídica continental como España) inclúen dereitos morais e dereitos de explotación
- "copyright" (aplicable en países con cultura xurídica anglosaxona) solo inclúe dereitos de explotación.
O copyright soe representarse cunha C dentro dun círculo, pero recordamos que non é necesario que este símbolo apareza nunha obra para que teña dereito de autor, nin que esté rexistrada ou publicada. Como se dixo anteriormente, toda obra está protexida automaticamente por estes dereitos desde o momento da súa creación.
LEXISLACIÓN
A regulación dos dereitos de autor é distinta en cada país, aínda que existen distintos tratados e organismos internacionais que teñen como obxectivo armonizar e unificar en certa forma as lexislacións para facilitar a aplicación das mesmas nun mundo cada vez máis globalizado, como o Convenio de Berna, a Organización Mundial de la Propiedad Intelectual (OMPI) ou a Organización Mundial del Comercio.
Tratados internacionais
Convenio de Berna para la Protección de las Obras Literarias y Artísticas
Directivas europeas
Directiva (UE) 2019/790 de 17 de abril de 2019 del Parlamento Europeo y del Consejo sobre los derechos de autor y derechos afines en el mercado único digital y por la que se modifican las Directivas 96/9/CE y 2001/29/CE.
Lexislación española
Dereitos de autor no ámbito docente
ÁMBITO DOCENTE
No ámbito docente que accións están incluídas nos dereitos de autor?
Podemos utilizar enlaces sempre que leven a páxinas que xa están publicadas de accesibles en internet, sempre que non modifiquemos o público que tem acceso ao contido (por exemplo que esté orixinalmente limitado a un grupo de usuarios concreto e o fagamos accesible publicamente).
Recomendamos en calquera caso, especialmente ao embeber un contido, que o incorporemos de forma que non dé lugar a erro e deixe claro ao usuario que se trata dun contido externo, indicando claramente autor e fonte.
Que obras están protexidas pola LPI?
Segundo a LPI, son obxecto de propiedade intelectual tanto as obras orixinais literarias, artísticas e científicas, expresadas en calquera medio ou soporte, tanxible ou intanxible, como as obras derivadas delas que teñan suficiente entidade como para considerarse unha nova obra. O título da obra, cando sea orixinal, tamén está protexido como parte da mesma.
Excepcións para usos con fins docentes
A LPI tamén define unha serie de límites e excepcións nas que o uso da obra non require solicitar permiso.
|
NOTA É importante engadir que estes casos supoñen excepcións á Lei e, como tal, son limitacións para situacións moi concretas, cuxos requisitos e condicións deben ser cumpridos escrupulosamente. A interpretación da Lei para cada caso concreto é competencia dos xuíces e tribunais. Por isto, recomendamos que, na medida do posible, se utilicen obras en Dominio Público ou con licenzas abertas. |
Entre estas excepcións, e especificamente para o caso dos docentes, interesa resaltar os límites para citas e reseñas e ilustración con fins educativos ou de investigación científica (art. 32 LPI).
No caso das citas refírese a condicións nas que podemos incorporar unha obra allea a un traballo propio, mentras que no segundo caso indica baixo que condicións podemos reproducir, distribuir ou comunicar publicamente ditas obras.
Dereito de cita
Refírese á inclusión dun contido alleo nun material propio como apoio, proba ou confirmación do que se indica no mesmo. Este dereito aparece recoñecido no Convenio de Berna (art. 10) e na LPI (art. 32.1).
Dacordo coa LPI, é lícito incluír nunha obra propia:
- Fragmentos de obras de natureza escrita, sonora ou audiovisual.
- Obras illadas de carácter plástico ou fotográfico (imaxes completas).
sempre que :
- Se realice unicamente con fins docentes ou de investigación.
- Ditas obras estén xa divulgadas.
- A súa inclusión se faga a título de cita ou para o seu análise, comentario ou xuizo crítico.
- A súa inclusión esté xustificada.
- Se indique autor e fonte da obra utilizada.
Ilustración de actividades educativas ou de investigación
A LPI establece tamén unha excepción dirixida exclusivamente ao profesorado da educación reglada impartida en centros do sistema educativo español e o persoal de Universidades. Estes non necesitarán autorización nin a realización de pago algún para realizar:
- Actos de reproducción, distribución e comunicación pública de pequenos fragmentos de obras
- Actos de reproducción, distribución e comunicación pública de obras illadas de carácter plástico ou fotográfico figurativo,
sempre que:
- Non exista una finalidade comercial.
- Se realice unicamente como ilustración de actividades educativas (en ensinanza presencial ou a distancia) ou de investigación.
- Ditas obras estén xa divulgadas.
- A súa inclusión esté xustificada.
- Se indique autor e fonte da obra utilizada.
No caso de libros de texto ou manuais, poden realizarse actos de reprodución e comunicación pública sempre que non supoña a posta a disposición da obra ou fragmento ao alumnado nin permita o acceso á mesma, indicando ademais a localización a que o alumnado pode acceder licitamente á obra. Tamén está permitido distribuír copias exclusivamente entre o persoal investigador colaborador dun proxecto específico de investigación, na medida necesaria.
Os autores e editores das obras que se utilicen baixo estas condicións non terán dereito a remuneración algunha pola realización destes actos.
En todo caso, quedan excluídas desta excepción as partituras musicais, as obras dun solo uso e as compilacións de fragmentos de obras ou de obras illadas de carácter plástico ou fotográfico.
ACLARACIÓNS
- Como vemos, incluír un contido con copyright nun traballo propio solo é lícito a modo de cita. Isto exclúe os fins meramente ilustrativos, é dicir, non quedan amparados supostos como incluír unha imaxe con copyright unicamente para ilustrar un texto nin utilizar un fragmento dunha peza musical con copyright como música de fondo dunha montaxe de fotografías. Sí poderían utilizarse en caso de que a imaxe ou o fragmento da peza musical vaian ser analizadas.
- No suposto de ilustración de actividades educativas, os actos de comunicación pública deben facerse desde a fonte orixinal da obra. É dicir, si queremos amosar unha imaxe con copyright en clase, debemos facelo desde a web na que se aloxa. Se a incluímos nun material para facilitar a súa exposición na clase estaríamos no caso de cita e debemos cumprir cas limitacións da mesma. Este material sí poderíamos amosalo en clase (comunicación pública) no noso dereito como autores do material.



