Habilidades científicas
Habilidades científicas
Cáles deberían ser as habilidades científicas dos nosos alumnos?
Como profesores, cando atopamos unha nova forma de enfocar a nosa materia, decatámonos dos ocos que, en moitas ocasións, quedaron nas nosas explicacións. Tal vez nun primeiro momento deste apartado do curso sentiredes esa sensación, todo o que puiden facer e non fixen. Según avance o curso vos decataredes da cantidade de cousas que estábades a facer seguindo o método indagativo, ainda sin telo interiorizado, pero a vosa intuición como mestres vos decía que era un bo camiño para ensinar ciencia.
A explicación do método indagativo ten unha carga teórica considerable, pero o obxectivo deste curso e inocular o entusiasmo por dar unha clase de ciencias de xeito diferente e atractivo para os nenos e...divertido para nos. Por iso, centrarémonos sobre as habilidades que permite acadar o método indagativo a un neno entre 10 e 14 anos, válidas todas elas dentro do marco das competencias que precisa e precisará ese alumno no século XXI.

Plantexar cuestións
Os nosos alumnos nacen cunha característica e habilidad que todos recoñecemos e é a curiosidade. Preguntan Por que...? Para que...? Como...? Unha habilidade como ésta van perdéndoa o longo da súa etapa escolar. Nunca esqueceréi a frase de Ángel Carracedo "Cando chega a secundaria un neno deixa de preguntar e non volve a facelo ata que está rematando a Universidade". Como mestre ou profesor esta afirmación é desoladora, será culpa da idade? Sen embargo, observo adolescentes de outros países facer preguntas durante a adolescencia sen rubor ningún. Por que os nosos alumnos non o fan?
Facerse preguntas sobre calquera fenómeno xurde da información e o xeito co que aportamos dita información, permitindo un clima de aula no que xurdan preguntas do máis variadas, que poden ser contestadas por eles mesmos, polo profesor, por algún científico que teñamos a man ou simplemente...non poden ser contestadas e para iso servirán os futuros científicos do século XXI. O alumno pode:
-
Facer preguntas acerca dos fenómenos.
-
Facer máis dunha pregunta acerca dun fenomeno.
-
Escoller de xeito realista unha pregunta para que poda ser respostada.
Observar
Nun grupo de clase podemos localizar algúns alumnos que son estupendos detectando cambios: decátanse da falla de algún alumno, da variación no peiteado do profesor,... pero tamén son excelentes para detectar similitudes como que a camiseta de dous compañeiros e a mesma ainda que a trouxeran en días diferentes.

Un alumno deste tipo, nalgunhas ocasións incomodo polos seus comentarios dentro do aula, pode ser fácilmente "captado" para facer actividades de observación e servir de axuda ós outros compañeiros para:
-
Identificar similitudes e diferencias entre obxetos ou materiais.
-
Usar ferramentas ou instrumentos (lupas, aparellos de medida) que axuden na investigación.
Propor hipóteses
Unha das experiencias máis recoñecidas na clase de ciencias é a facilidade coa que os alumnos propoñen unha explicación para dar resposta a un fenómeno. É loable pola súa parte non ser indiferentes a unha experiencia que teñen diante do nariz, pero as veces ocorre o seguinte:
- Os alumnos consideran verdadeira a súa hipótese sen ter pensado outras posibilidades ou non aceptar as que propoñen os compañeiros.
- Sexan cales sexan os resultados, o alumno escollerá somentes aqueles que respalden a súa hipótese e obviará os outros.

O profesor deberá corrixir permanentemente estas actitudes, poñendo en valor o feito de que unha hipótese errada en ciencia é tan valida coma unha hipótese correcta. O importante non é acertar coa hipótese, o importante é contrastala a tenor dos resultados.
-
Tratar de dar explicacións compatibles con probas ou con ideas de experiencias previas.
Planificar e investigar
Cando facemos ciencia na aula, a maior parte dos nosos alumnos consideran esta habilidade coma a única que deben acadar. Ser capaz de medir, de mixturar, de separar, de tomar notas,... E máis, prefieren ter unha guía ou práctica feita e non ter que planificar nin deseñar nada, simplemente seguir o guión.

Por iso, é importante o papel do mestre, estando atento a que o alumno saiba planificar:
-
Organiza os pasos a realizar secuencialmente.
-
Propon un deseño para recoller medidas e facer cálculos.
e investigar:
-
Toma medidas de forma correcta é exacta.
- Completa táboas de datos.
Interpretar
Unha vez teñamos todas as táboas e gráficos diante, temos que interpretar os resultados, valorar si nos están a corroborar a nosa hipótese ou non. En moitas das ocasións, permitimos que os alumnos fagan este tipo de actividade na casa, pero é de sumo interés a axuda do profesor e o acompañamento dos outros alumnos.

Na interpretación dos resultados o futuro científico ten que aprender a:
-
Ter en conta a hipótese de partida.
-
Considerar as fontes de erro
-
Identificar os patróns de resultados.
-
Propor conclusións a partir dos resultados e incluso, en ocasións...
-
Tomar decisións a partir dos datos obtidos.
Comunicar
Calquera que sexa a profesión futura dos nosos alumnos: carpinteiro, fontaneiro, físico, electricista, enxeñeiro, artista,...tera que comunicar o resultado do seu traballo, polo que é de sumo interés poder ser coherentes no formato de presentación, cos profesores doutras materias como linguas e sees ti mesmo, xa tes un traballo menos ;). Comunicar de forma oral ou escrita é de suma importancia no eido científico.

Un alumno entre 10 e 14 anos será quen de:
-
Utilizar gráficos e debuxos para dar explicación do seu traballo.
-
Utilizar táboas.
-
Escoller a presentación adecuada do mesmo traballo segundo a audiencia (rapaces máis pequenos, compañeiros, feira de ciencia,...)
-
Atender e contestar as observación dos outros baseándose nos seus resultados.
Moito traballo e pouco tempo? non desesperedes, teremos tempo para todo.