SIMULADOR
Neste apartado propoñemos dous exemplos de simuladores: Xplore Health e HHMI Biointeractive. Os simuladores de laboratorio son similares aos simuladores de voo ou de condución. Grazas a eles poderemos coñecer técnicas de investigación seguindo os pasos que nos indica o programa, sinalando as prácticas de risco e os posibles problemas ao tomar unha decisión errónea. Moi útiles para o chamado self-learning ou aprendizaxe autónoma. Cada alumno aprenderá ao seu ritmo.
Xplore Health é un programa educativo europeo impulsado conxuntamente por IrsiCaixa e a Obra Social "A Caixa" que ofrece recursos multimedia interactivos para achegar a investigación biomédica á aula. O programa fomenta o ensino das ciencias baseada na indagación (ECBI) e á vez a interacción dos estudantes con diferentes axentes sociais para que participen como cidadáns responsables nunha sociedade baseada no coñecemento. Desenvólvese a través de Internet e a través de centros educativos, centros de investigación e museos de ciencia.
Xplore Health estrutúrase en oito módulos temáticos:
- Desenvolvemento de fármacos
- Biotecnoloxía
- Xenómica
- Cancro de pel
- Malaria
- VIH/sida
- Saúde mental
- Obesidade
Facendo click na seguinte imaxen poderedes acceder a páxina web
Os chamados "laboratorios virtuais" de HHMI Biointeractive, non son máis que simulacións interactivas nas que os estudantes realizan experimentos, recompilan datos e responden a preguntas ofertadas polo mesmo programa para avaliar a súa comprensión. Os simuladores combinan animacións, ilustracións e vídeos que ofrecen información chave das investigacións científicas.
Facendo click na seguinte imaxen poderedes acceder a páxina web
