Recursos nun dispositivo móbil
Ás veces, temos moitos problemas para poder buscar, procesar e presentar todos os recursos que se nos propoñen na rede. En ocasións, eses recursos son pouco aplicables na aula, por variadas razóns. Ata agora, elaboráronse en diferentes países europeos (en Galicia o espazo Abalar) espazos virtuais onde os profesores puidesen acceder aos recursos de forma gratuíta. O lugar onde hoxe en día atópanse centralizados os recursos para as materias de ciencias é Scientix. Os proxectos realizados por European Schoolnet ou cedidos por organizacións educativas estatais atópanse neste portal ou plataforma de recursos. Ademais atopamos unha vantaxe adicional, a tradución deses recursos a non dos 24 idiomas utilizados na Unión europea entre os que, por suposto, atópase o galego.
Scientix promove e apoia a colaboración entre docentes, investigadores do ámbito do ensino, lexisladores e outros profesionais da docencia de materias CTIM (ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) a nivel europeo.
