1. Gravación e edición de audio

Para gravar o audio das entradillas, anuncios,... imos a utilizar o programa Audacity. É un programa gratuito que funciona moi ben. Do que se trata é de combinar o audio que nós gravamos co audio que saquemos de Youtube (por exemplo).

Recórdovos que na primeira sesión para descargar o audio de Youtube o que fixemos foi poñer en Google: descargar audio Youtube e ir probando coas páxinas web que nos aparecían. 

Unha vez descargado o audio, metémolo en Audacity e procedemos a gravar o audio da entradilla, do anuncio,... para mezclalo coa música.

Aquí vos deixo un manual por si non vos acordades ben de como facelo.

Unha vez feito esto o seguinte paso foi abrir en Google a páxina Spreaker e registrares nela. Esta páxina será a que utilizaremos para realizar a gravación do noso programa. É moi sinxela de manexar e nos permite tamén ter un almacén de audio así como efectos e demáis.

Si pinchais en la imagen podedes descargar un manual

Unha vez feito esto xa tedes todo preparado. O único que vos queda é publicalo. Podedes facelo a través da páxina web do colexio ou ben a través de algunha aplicación como a que imos a ver aquí no curso.