9. REA
| Sitio: | Aula Virtual do CFR de Pontevedra |
| Curso: | Licencias de autoría na educación |
| Libro: | 9. REA |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | xoves, 2 de abril de 2026, 8:11 PM |
1. Recursos educativos abertos
Os Recursos Educativos Abertos (REA), tamén coñecidos en inglés como Open Educational Resources (OER), son documentos, materiais e contidos educativos ofrecidos libre e abertamente para que calquera os poida empregar para ensinar, aprender ou investigar.
De forma frecuente, estes recursos educativos abertos están distribuidos baixo unha Licencia Creative Commons, que concede permisos e dereitos ao usuario baixo o marco das cinco R:
- Reutilizar o contido orixinal sen alterar.
- Revisar, adaptar, axustar, modificar ou alterar o contido en si.
- Remezclar ou combinar o contido orixinal con outro tipo de contido para crear algo novo.
- Redistribuír ou compartir copias do contido orixinal, as revisións ou as novas mezclas con outros.
- Reter mantendo copias dos materiais
Cando falamos de REAs non debemos pensar só nos contidos, se non que tamén no software (contornas necesarias para a súa creación, modificación, mezcla, publicación, interrelación con redes educativas, clasificación con metadatos, ...) e nas licencias que permitan promover a súa publicación aberta. Tamén debemos ter en conta que un dos seus puntos fortes debe ser o fácil acceso a estes recursos, que debe ser gratuíto e que debe ser moi sinxelo o seu proceso de obtención ou descarga.
Tendo en conta o anterior e a infografía obtida do CEDEC, podemos indicar 4 características desexables asociadas aos REA:
- serán materiais de ensino en formato dixital.
- serán de acceso gratuíto e libre sen apenas necesidades de rexistro.
- licenciamento aberto ou con restricións limitadas co obxectivo de que estean preparados para compartir.
- licenciamento para que poidan ser modificados con restricións limitadas. Os contidos en formato dixital deberían ser editables.


Tipoloxías de Recursos Educativos Abertos
Os REA poden ser cursos completos, obxectos de aprendizaxe, exercicios ou outras ferramentas, materiais ou técnicas para ensinar, aprender ou investigar.
|
Material de clase |
Libros en aberto |
Vídeos |
|
Unidade didáctica |
Software |
Xogos |
A través de Internet podemos xa acceder a multitude de REA
- En calquera formato
- texto
- audiovisual
- podcast
- multimedia
- Para calquera finalidade
- libros de texto
- manuais
- guías didácticas
- plans docentes
- apuntamentos
- simulacións
- exames
- cuestionarios
- informes, estudos ou investigacións
- MOOCs, que son cursos en liña abertos a grande escala
- De calquera nivel ou especialidade
- Infantil
- Primaria
- ESO
- FP e Universidade
- Rexime especial (Música, Danza, Artes, ...)
1.1. Plataformas e repositorios REA
Existen multitude de sitios de descarga e/ou creación de REA. A continuación amósanse uns poucos:
- Proyecto EDIA: Proxecto de creación de recursos educativos abertos que promoven a transformación metodolóxica e dixital das aulas, do CeDeC (Centro Nacional de Desenvolvemento Curricular)
- Recursos do Espazo Abalar: Repositorio de contidos educativos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Ten filtros a través dos cales podemos escoller o tipo de licenza.
- Procomún: Rede de recursos educativos en aberto do Intef (Instituto nacional de Tecnoloxías Educativas e de formación do profesorado)
- OER Commons: Proxecto mundial desenvolvido pola ONG Study of Knowledge Management in Education no ano 2007 co obxectivo de compartir, avaliar e mellorar recursos educativos.
- WikiMedia Commons: banco de recursos de arquivos multimedia libres de dereitos para empregar nos nosos proxectos. Está vinculado con outros proxectos Wiki como Wikiespecies ou Wikilibros.
- Open TextBook Library: Biblioteca dependente do proxecto Open Education Network.
- Proyecto CREA: Repositorio de REA da Consejería de Educación y Empleo da Junta de Extremadura.
Algunhas das plataformas mentadas poden conter recursos educativos de pagamento, ou cuxo licenciamento non permite adaptalas, pero non é o habitual.
Se te animas podes subir material propio ao Espazo Abalar. Máis información.
MOOC é o acrónimo de Massive Online Open Courses ou Cursos Online Masivos Abertos, que xurden como concepto a partires do ano 2008 supoñendo unha evolución da educación aberta. Son basicamente cursos online, abertos, gratuítos, sen límite de matriculacións, que empregan recursos abertos, que adoitan estar soportados por universidades e que supoñen unha evolución na aprendizaxe continua e adaptable.
Como plataformas MOOC podemos destacar:
1.2. Ferramentas para crear REA
Qué ferramentas debemos empregar para crear/editar/adaptar REA?
De acordo coa filosofía dos recursos educativos abiertos, debemos crealos cunha ferramenta que facilite non só a utilización do material por parte das persoas usuarias, senon tamén a súa modificación e redistribución. É conveniente polo tanto favorecer esta accesibilidade con ferramentas de software libre, dispoñibles para calquer usuario/a, gratuitas, multiplataforma e de fácil uso. A continuación lístanse unhas poucas ferramentas habituais na creación de REA:
![]() |
CREAR RECURSOS EDUCATIVOS MULTIMEDIA |
![]() |
CREAR RECURSOS EDUCATIVOS MULTIMEDIA H5P |
|
CREACIÓN DE DESEÑOS 2D |
![]() |
SUITE OFIMÁTICA |
![]() |
EDICIÓN DE IMAXES DE MAPAS DE BITS |
|
CREACIÓN DE DESEÑOS 3D |
![]() |
EDICIÓN DE GRÁFICOS VECTORIAIS |
![]() |
MAQUETACIÓN DE PUBLICACIÓNS |
|
AUTOMATIZACIÓN DE DESEÑOS ELECTRÓNICOS |
![]() |
PROGRAMACIÓN DE VIDEOXOGOS |
![]() |
CREACIÓN DE RECURSOS EDUCATIVOS MULTIMEDIA |
![]() |
EDICIÓN DE VÍDEOS |
Se o REA foi compartido en formato AI (Adobe Illustrator), para poder seguir editándoo é moi posible que precisemos do Software propietario Adobe Illustrator. A mesma situación pode darse ao empregar formatos propietarios derivados de Software privativo como DWG co Autocad ou docx co Microsoft Office Word. É certo que algunhas aplicacións libres permitirían abrir estes formatos, pero non garanten ser 100% compatibles. En resumo, debemos tentar distribuir as nosas creacións en formatos abertos.
Por outra banda, ao falar de distribución de apuntamentos, libros, ensaios, ... podemos estar pensando no formato PDF, que ademais é un formato aberto e completamente portable. Pero neste caso o PDF o problema que se nos presenta co PDF é a dificultade de editalo ou mesmo de copiar fragmentos para incorporalos a unha posible adaptación
Neste sentido, a pesar de que moitos educadores liberan os seus textos baixo unha das diversas licenzas abertas, o formato da liberación pode bloquear efectivamente o uso pleno da creación. Esta mesma liña de pensamiento vale para outros tipos de medios como gráficos, presentacións, imaxes, audios,vídeos, ...
Aconséllase, pois, empregar formatos que faciliten a adaptación e edición dos REA.
Podes consultar esta ligazón da Wikipedia para máis información de formatos abertos.
Planificación na creación dun REA
Como en calquera proxecto docente ou laboral a planificación é imperativa. Polo tanto á hora de crear un REA debemos marcar unha determinada folla de ruta. Neste caso botamos man dun canva de CeDeC cos pasos a seguir

Iconas das apps Wikimedia Commons, con dominio público CC0
1.3. Que NON é un REA?
Após indícanse tres categorías de recursos que poden considerarse excluídos da definición de REA.
Un recurso cuxo licenciamento non o permita adaptar
Por exemplo, un Creative Commons ND
Recursos web con Copyright
Calquera recurso que atopemos na rede, pero que non sexa de dominio público ou teña unha licencia Creative Commons
Coleccións baseadas en subscricións de tipo biblioteca
Os recursos dos que ás veces nos servimos por ter algún convenio asinado con provedores de servizos (Microsoft, Google, ...) accesibles para estudantes y profesores non adoitan sen REA, xa que a licencia de emprego destes materiais adoita ter restricións.
|
Recursos |
Coste para o estudiante |
Permiso/licencia |
|---|---|---|
| REA | Gratuito | Aberto |
| Recursos de la biblioteca | Gratuito | Restrinxido |
En todo caso debemos ter en conta que a combinación de materiais que cumpran cos obxectivos educativos vai variar e poden consistir nunha mezcla de REA e outros recursos que non cumpran cos requisitos para ser REA. Finalmente, a clave sempre está en saber determinar cales son os recursos máis axeitados para conseguir os obxectivos da docencia e os do estudante.

2. Conclusións
Debemos concluír este módulo indicando a modo resumo algúns aspectos salientables:
- Existe normativa ou artiluxios técnicos ao respecto dos dereitos da utilización de recursos electrónicos, tanto para cedelos como para empregalos
- Debemos empregar sempre que sexa posible REAS, ou ben recoñecer o emprego de recursos electrónicos nos nosos traballos
- Existe normativa asociada á protección de datos persoais, que son de aplicación máis sensible ao colectivo de menores.

















