Como engadimos os recursos á aula virtual?
| Sitio: | Aula Virtual do CFR de Pontevedra |
| Curso: | P2001122 Creación de contidos dixitais para a aula virtual |
| Libro: | Como engadimos os recursos á aula virtual? |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | venres, 3 de abril de 2026, 7:38 AM |
1. Scorm
Un paquete SCORM é un conxunto de ficheiros que se empaquetan segundo unha norma acordada para os obxectos de aprendizaxe. O módulo de actividade SCORM activa os paquetes SCORM ou AICC para seren cargados como un ficheiro zip e engadilos a un curso.
O contido amosase normalmente en varias páxinas, con navegación entre as páxinas. Hai varias opcións para ver o contido nunha xanela emerxente, cun índice, con botóns navegación, etc. As actividades SCORM xeralmente inclúen preguntas, con cualificacións que se rexistran no libro de cualificacións.
As actividades de SCORM pódense utilizar
- Para a presentación de contidos multimedia e animacións
- Como unha ferramenta de avaliación
Cando o recurso se fixo dende a ferramenta Exelearning, ainda que esté empaquetado en SCORM só gardará rexistro da actividade tipo Test Scorm.
ATENCIÓN: se cando se intenta subir un SCORM á aula aparece a mensaxe Non se atopa o manifiesto quere dicir que ese arquivo NON foi empaquetado en Scorm, polo que teredes que elixir outra opción de subida.
2. IMS
Un paquete de contido IMS é unha colección de ficheiros que están empaquetados consonte a un estándar acordado de modo que poidan ser reutilizados en diferentes sistemas. O módulo de paquete de contido IMS activa tales paquetes de contido para que se suban como un ficheiro zip a un curso como un recurso.
O contido adoita presentarse en varias páxinas, con navegación entre elas. Hai varios tipos de opcións para a presentación do contido nunha xanela de navegación cun menú de navegación ou botóns, etc.
Os recursos IMS tamén son unha boa opción de integración dos obxectos interactivos.
Hai que ter en conta que NON gardan os rexistros de resultados no libro de cualificacións.
3. Ficheiro web
Desta forma o arquivo súbese como arquivo html.
Visualizarase correctamente e terá interactividade pero NON gardará rexistro no libro de cualificacións.