Comuniquémonos
Esta tarefa avaliable consta de exercicios correspondentes ás operacións avanzadas no uso da aula virtual.
Realiza os exercicios propostos respondendo a esta tarefa, pegando debaixo de cada exercicio, as imaxes de captura de pantalla necesarias onde se mostre o resultado correspondente.
Sube o ficheiro en formato pdf.
1. Escribe unha mensaxe de benvida no Foro xeral de túa aula co texto que creas convinte para dinamizar a participación do alumnado.
2. Plantexa un tema de debate aos teus alumnos nun Foro temático avaliable.
3. Dentro dos axustes dun foro temático avaliable, mostra o axuste dentro do apartado Calificación que limita as cualificacións aos elementos con datas nun rango determinado, sabendo que estas datas non impiden a participación no foro por parte dos alumnos.
4. Redacta unha mensaxe informando sobre os prazos de entrega dunha tarefa e instando á sua entrega dentro do prazo (non é necesario que a envíes).
5. Mostra e desprega o panel de mensaxes da mensaxería do tu usuario dende o Menú de Usuario (profesor).