Opcións de matriculación

Esta actividade está dirixida a persoal docente que imparte ensinanzas de linguas estranxeiras e céntrase principalmente en mellorar a competencia didáctica e a competencia dixital do profesorado.
Obxectivos:
1.Seleccionar, crear, modificar, protexer e difundir recursos dixitais para a docencia de linguas.
2.Adquirir estratexias de avaliación, planificación e retroalimentación e familiarizarse cos principios da aprendizaxe colaborativa e autorregulada de linguas.
3.Promover a accesibilidade e a inclusión na aula de linguas a través da capacitación dixital e da personalización.
Contidos:
1. Mellora (substitución e aumento) e transformación (modificación e redefinición) dos recursos dixitais.
2. Ferramentas para mellorar a habilidade comunicativa.
3. Ferramentas institucionais.
4. Dixitalización do deseño e avaliación de unidades didácticas.
- Profesor/a: Susana Aldao