• ?‍? Experiencias docentes

    Se precisas de exemplos para levar o aprendido á túa aula, aquí os tes. Agardamos que te inspiren!
    • ?‍? Clase maxistral enriquecida

      O material multimedia permite unha aprendizaxe personalizada, onde cadaquén traballa ao seu ritmo e repite o que non comprende as veces que fagan falla.
    • No currículo de TIC para 4ºESO menciónase a edición de son. Eis unha demostración de que existen alternativas aos vídeos a modo de titorial, onde se explica como reducir o ruido dunha gravación.



    • Introdución aos eixos cartesianos en Matemáticas de 1ºESO a través dunha actividade desenvolvida coma un xogo e introducindo as follas de cálculo.

    • O típico titorial, neste caso a modo de enunciado para unha práctica de edición de imaxe en TIC de 1ºBACH.

    • ? Gamificación

      Para que o xogo resulte atractivo o contido audiovisual que o envolve tamén cómpre que o sexa.
    • Vídeo interactivo, especialmente dirixido á educación primaria, para a aprendizaxe dos números (unidades, decenas, centeas).

    •  Visita virtual O Coliseo_revolución arquitectónica romana 
    • Xogo de visita interactivo, baseado nunha fotografía en 360º e que pode ir acompañado de sons e vídeos complementarios.

    • Scape room para Matemáticas de 1ºESO. O alumnado debe identificar que o camiño de saída é escoller as portas de números primos. Pódese proxectar en encerado interactivo.

    • ? Aprendizaxe baseada en proxectos

      O produto audiovisual resulta atractivo para o alumnado e motívao a realizar un traballo de maior calidade se existe a posibilidade dunha posterior divulgación.

    • O podcast (audio baixo demanda) vive unha época dourada. A día de hoxe a súa produción é asequible mesmo para o alumnado máis novo e non require ordenadores con grandes recursos.

    • Estratexias docentes de referencia:

    •   A neñez galega a través dos anteollos de Castelao 
    •   A neñez galega a través dos anteollos de Castelao