• ? Dámosche a benvida ao curso, Usuario convidado

      Agardamos que atopes de interese o curso e aprendas moito. Fixémolo con moito agarimo pensando en ti! Para comezar, animámoste a que consultes esta guía con tódolos detalles ben explicadiños:

    • Antes de seguir, gustaríanos coñecerte mellor! Por que non te presentas no foro? ?

    • ❓ Sabías que...
      Se engades o texto [firstname] na túa aula virtual, a persoa que estea conectada visualizará o seu nome. Éche un xeito ben sinxelo de facer os contidos máis agradables. Non si, Usuario convidado? ?

    • ? Se hai novidades, como me entero?

      Moi sinxelo, xusto aquí debaixo atoparás un foro de novas. A persoa que titorice o teu curso engadirá un novo tema a este foro cada vez que precise facer un aviso ao grupo e, gracias a iso, tamén recibirás un email á conta de correo electrónico que teñas configurado no teu perfil da aula virtual. ?

    • ? Como me movo polo curso?

      Na parte superior atoparás unha fita cos módulos que conforman o curso. Non tes máis ca premer sobre as lapelas para ir ao módulo que precises. Algúns bloques pode que aínda non estean dispoñibles, pero irán aparecendo a medida que avances no curso.


      Dentro de cada bloque atoparás, á súa vez, catro subapartados. Así accederás á información dun xeito moito máis estruturado. Non ten perda!


      Pensabas que sería máis difícil? Sentimos decepcionarte ? Lembra:

      • Módulo 0: Introdución
      • Módulo 1: As TACs
      • Módulo 2: Repositorios REA
      • Módulo 3: Edición multimedia
      • Módulo 4: Ferramentas de autor

    • ❓ Sabías que...
      A estrutura do curso emprega unha presentación baseada en lapelas ou pestanas. A intención é que descubras novas formas de organizar os contidos na túa propia aula virtual mentres realizas o curso. ?

    • ? Onde está o que teño que facer?

      Tódolos módulos teñen a mesma estrutura:

      • ? Contidos básicos
      Neste apartado están as ferramentas e recursos imprescindibles que te levarán a acadar os obxectivos do curso e, porén, superalo.

      Espazo no que se situarán o Foro de presentación e  os Foros de dúbidas para expresar e compartir as túas dúbidas ou inquedanzas. No caso de que sexa necesario realizar algunha videoconferencia, tamén será o lugar onde poderás acceder as ligazóns.

      Neste apartado atoparás toda a información relativa a cada módulo: titoriais, documentos, ligazóns, etc. É dicir, os contidos necesarios para poder completar as tarefas propostas. Para aquelas persoas que desexen ampliar os seus coñecementos estará dispoñible o cartafol Para afondar máis... con información adicional.

      Sección na que aparecerán as Tarefas obrigatorias a realizar en cada módulo, imprescindibles para que a persoa titora teña constancia da túa evolución e que será necesario completar na súa totalidade para conseguir a certificación oficial de ter superado o curso. Tamén poderás atopar algunha Tarefa voluntaria como retos para aqueles participantes que desexen avanzar nas súas prácticas.

      • ?‍? Experiencias docentes
      Nesta sección atoparás algúns exemplos reais que poñen en práctica o aprendido. Así poderás inspirarte e facerte unha mellor idea de como levar á aula os teus propios contidos.

      • ? Material de ampliación
      Nun curso desta duración é imposible que poidamos afondar en moitas cousas. Sen embargo, opcionalmente, poderías ter interese en aprender máis. Porén, preparamos unha escolma de contidos que poderían ser do teu interese coma punto de partida para seguir a formarte.

      • ? Ligazóns de interese
      Ás veces o importante non é saber, senón ter a ligazón de quen sabe... Fixemos unha coidada selección de ferramentas e recursos que se cadra non coñecías, para que consultes cando o precises por se te resultasen de utilidade na túa práctica docente.

    • ? Máis nada!

      Xa sabes todo o imprescindible para comezar. Moito ánimo co curso, Usuario convidado! ?