• ? Ligazóns de interese

    A Internet é tan grande que podería gustarche contar cunhas ligazóns de referencia para comezar a investigar.

    • Aviso
      Esta escolma non pretende ser exclusiva, senón un punto de partida. Cadaquén debe atopar as ferramentas coas que se sinta máis cómodo para acadar os seus obxectivos acorde ao seu nivel. Mesmo pode que esa ferramenta que tanto che gusta non estea nesta listaxe. Nese caso, por que non a recomendas no foro? Así aprendemos todos! ?
    • ? Algúns editores de imaxes:
    • Editor de imaxes avanzado, gratuito e de código aberto moi popular. Pódese atopar por defecto en Linux co nome de Programa de manipulación de imaxes GNU. É un pouco difícil para comezar, pero moi versátil e potente cando se manexa.

    • Se estás familiarizado coas ferramentas de Google e non tes moita experiencia con editores de imaxe, este pode ser un bo punto de saída. Permite facer pequenas montaxes con moi pouco esforzo e coa filosofía de simplicidade total propia da empresa.

    • Con dous niveis de edición dispoñibles (principiante e avanzado) é un completo editor en liña moi versátil que mantén a sinxeleza por bandeira. Para un uso medio-alto, é máis que dabondo. É de balde e non se precisa rexistro.

    • Un editor en liña cunha interface moi similar a Adobe Photoshop e gratuito. Ideal para un nivel medio porque permite edición con certa complexidade sen perder a sinxeleza do programa.

    • Completísima aplicación en liña para editar GIFs animados, combinalos, modificar a velocidade... Moi sinxelo de usar.

    • ? Algúns recursos para editar e gravar son:
    • O máis popular programa de edición de son, empregado por milleiros de podcasters no mundo. O manexo básico é moi sinxelo e bastante intuitivo. Permite gravar directamente e consume poucos recursos do ordenador. De código aberto e gratuito.

    • Aplicativo orientado á produción de podcasts, pero que permite gravar na súa versión de balde ata 15 minutos. Permite obter resultados moi profesionais sen case esforzo, mesturando música, efectos de son e varios micrófonos.

    • Aplicativo en liña para facer operacións sinxelas de recorte, extracción de audio ou edición básica sen problemas coa compatibilidade de ficheiros. Pódese empregar de balde.

    • ? Algúns editores de vídeo:
    • Os ordenadores con Windows 10 agochan unha agradable sorpresa: un editor de vídeo moi básico, pero ideal para xente sen ningún tipo de experiencia. A túa mellor elección se nunca antes fixeches edición de vídeo.

    • Se tes un ordenador Mac e pouca experiencia, probablemente a túa mellor opción. Sinxelísimo pero potente editor de vídeo, instalado por defecto nos equipos de Apple.

    • Editor de vídeo de nivel medio, probablemente o mellor de entre os programas libres ou de código aberto. Dispoñible para Windows, Mac e Linux. Permite facer edición avanzada sen excesivos recursos do ordenador, pero a interface non é amigable.

    • O editor de código aberto e gratuito máis popular pola súa sinxeleza e os poucos recursos que precisa do ordenador. Perfectamente válido para unha edición sinxela e con interface intuitiva. Dispoñible para Linux, Mac e Windows.

    • Editor de vídeo para tabletas e móbiles. Na versión gratuita ten unha pequena marca de auga, pero é unha aplicación moi versátil e sinxela de usar. Aos rapaces encántalles. Moi completo e funciona en dispositivos de baixos recursos.

    • Un editor de vídeo de nivel medio, que non esixe demasiada potencia ao ordenador. Ten unha versión gratuita con anuncios bastante intuitiva e sinxela de usar se é a túa primeira vez editando. Inclúe unha guía para principiantes.

    • Probablemente o mellor editor de vídeo na actualidade. Require moita potencia do ordenador, pero funciona en Mac, Windows e Linux. Só para xente con experiencia previa. A versión de balde permite practicamente todo e sen marca de auga.

    • ❓ Sabías que...
      ...as aulas virtuais teñen un botón que che permite facer gravacións de audio e de vídeo directamente no editor de texto e sen necesidade de ferramentas externas?