Curso: Erasmus | AV CFR Pontevedra

  • 1 2 3 4
  • KA101 Estrategias de liderazgo innovador para progresar juntos en Europa

    O Centro de Formación e Recursos de Pontevedra coordina un consorcio cos seguintes catro centros rurais de Educación Infantil e Primaria, innovadores e moi implicados na formación para a mellora da calidade:

    CEIP A Lama

    CEIP Plurilingüe de Carballedo

    CEIP Plurilingüe de Nantes

    CEP Plurilingüe de Riomaior

    Para acadar os obxectivos do noso proxecto, éste vertébrase en cursos estruturados que tratan as temáticas necesarias para a súa consecución como son liderazgo educativo, funcións directivas compartidas no centro escolar, desenvolvemento de habilidades e competencias de alta calidade, accións que axuden a abordar a diversidade e a inclusión social, o abandono escolar temperán, as situacións de desvantaxe e o reforzo da colaboración dos distintos axentes dentro das escolas.