Foro de consulta

Posibles contactos estreitos

Posibles contactos estreitos

por MARÍA TERESA VELASCO ARIAS -
Número de respostas: 0

 Se 4 profesores se reunen nunha aula con mascarilla e coa distancia de seguridad de 1,5 metros, ou incluso de 2 metros, no caso de que  se confirme que un deles deu positivo en COVID, o resto dos profesores que estiveron con el, teñen que irse a casa de  cuarentena, a pesar de haber gardado a distancia de seguridade e ter a mascarilla??

No caso dunha aula, se un alumno/a resulta un caso confirmado de COVID, ou ben un caso sospeitoso  por ter un familiar que se acaba de confirmar que é positivo, no caso de Secundaria que están sentados gardando a distancia de 1,5 metros,¿que alumnado tería que facer a cuarentena, todos os da aula? ou os que estén mais preto do rapaz en cuestión? e neste caso como se mide o de mais preto?

Este mesmo caso levado a Infantil e Primaria que son grupos estables, e polo tanto, non é necesario gardar a distancia de 1,5 metros, qué alumnos/as se irían a casa de cuarentena no caso de producirse na aula un caso confirmado de COVID, ou ben un caso sospeitoso  por ter un familiar co que convive que se acaba de confirmar que é positivo ?

Gracias