Ola, teño algunhas dúbidas que espero poidades axudarme a resolver:
1ª Sobre o uso da máscara.
No vídeo do bloque 3, cando se fala da prevención, sinálase como unha excepción ao uso da máscara a práctica de actividade física e deportiva en instalacións, sempre que se poida garantir o mantemento da distancia de seguridade (1,5 metros). Segundo o último protocolo só se permite nas actividades individuais no exterior e cunha distancia superior a 2 metros. Poderían aclarar esta cuestión?
Tamén, respecto ao que se indica no punto 16.5 do protocolo, " Coidarase especialmente do uso da máscara nos ximnasios ou polideportivos pechados con ventilación reducida", cando a ventilación é axeitada podería aplicarse a excepcionalidade no uso da máscara sempre que se cumpra coa distancia de seguridade?
2ª Sobre a desinfección ou corentena de materiais.
Cando un determinado material só vai a ser empregado por un grupo estable (por exemplo implementos asignados de xeito individualizado) e non por outros, é necesaria a desinfección dese material ou chega coa corentena do mesmo? neste último caso, cantas horas precisa estar ese material de corentena?
Finalmente, se un material está desinfectado e o alumnado fixo a hixienización de mans, leva máscara e mantén a distancia de seguridade, pode compartir o uso dese material? (por exemplo técnica de pases con balón, tocar un volante de bádminton ou pelota de tenis de mesa en situación de xogo...) Neste caso tería que volver a desinfectarse o material ao remate da actividade.