1. O alumnado da ESO pode sair o encerado dixital, ou encerado ordinario a escribir? (obviamente mantendo a distancia co resto de 1,5 metros e con máscara). POrque o feito de que se diga que deben manterse sempre no seu pupitre, parece descartar que poidan saír á pizarra, pero non está claro.
2. Podémonos acercar na ESO á mesa do alumno/a para resolver algunha cuestión que necesite que un se teña que achegar á mesa, ou achegarnos mesa para revisar se fixo os deberes? ou debemos manter a distancia de seguridade en todo momento e non movernos da zona proxima á mesa do profesor e do encerado?
3. Pódeselle recoller material do alumnado para correxir??. Entendo que co que di o Protocolo igual non se debería recoller o caderno de clase para revisar??. Se podería recoller material en papel do alumnado para correxir? e en que condicións se debería facer, isto é, por exemplo, se teríamos que gardar unha corentena con esas follas de 4 horas antes de correxila???
4. Pódese entregar fotocopias ó alumnado con tarefas, porque nalgunhas materias sexa imprescindible facilitarlle certo material en papel de ven en cando??
5. Na aula de informática poden facer uso o alumnado de Primaria e da ESO dos ordenadores de xeito individual gardando as distancias e extremando a desinfección do material ó rematar?
6. En referencia os grupos estables de Primaria e Infantil, dado que os especialistas no son do seu grupo burbulla, de feito atenden a varias aulas burbulla, poden acercarse á mesa do alumno/a, ou deben gardar distancia co alumnado ó non ser o titor/a dese grupo burbulla??
7. Pode o alumnado de Primaria e Infantil achegarse á pizarra a escribir, tanto na pizarra dixital, como no encerado?