Foro de dúbidas para seguimento do curso de aplicacións de arduino e raspberry pi en domótica

Problemas para engadir as placas ESP32 no arduino IDE traballando con windows

Problemas para engadir as placas ESP32 no arduino IDE traballando con windows

por Rocío Martínez Martínez -
Número de respostas: 0

A compañeira Carmen Gallego tivo problemas para engadir a súa placa ESP32 no seu Arduino IDE.

E como eu non lin a súa mensaxe tivo que buscar información na rede, por iso creo que é bo que compartamos estas cousas no foro para que nos axudemos entre todos.

Mentres que no pequeno resumo que vos colguei eu traballo con python para facer a instalación, no vídeo que seguiu Carmen traballan con Git

Este é o enlace ó vídeo:   https://youtu.be/4UfkIYUMP1E

Estiven vendo que pide a última versión do Arduino Ide instalada, pero non é necesario