1.Contactos estreitos:No punto 8 páxina 32 se define o que se considera "contacto estreito", que sería o alumno ou profesional que compartise espacio co caso confirmado a unha distancia ao redor do caso confirmado de menos de 2 metros durante mais de 15 minutos e sen utilizar máscara. Con esta premisa, dado que é obrigatorio a partir dos 6 anos levar máscara, en caso dun caso confirmado, non habería contactos estreitos, porque todos levan máscara, e entón ningún iria como se especifica no seguinte parágrafo de corentena para casa, porque sen máscara non haberá ninguén.
Non será un erro isto de sen máscara, e se podrán ir a casa en corentena, todos as persoas que estiveron en contacto cun caso confirmado durante 15 minutos a menos de 2 metros ainda que levaran máscara??? E que senón non ten sentido o seguinte parágrafo, porque salvo en Infantil, ou en casos especiais, todos deben levar máscara e entón ninguén irá de corentena ainda que haxa casos confirmados!!
2. No punto 3 dí que os grupos de convivencia estables só son en Primaria e Infantil, e ahí non haberá limitación na distancia entre alumnos. Entendo eu que entón iste concepto de convivencia estable non existe en Secundaria Obligatoria porque non se menciona no Protocolo..non? E polo tanto en todo momento a distancia interpersoal no alumnado da ESO ten que ser de 1,5 metros, non? ou existe algunha situación en que na ESO non sexa necesario gardar a distancia de 1,5 metros?
3. No tocante os grupos colaborativos, no Protocolo fala só de que se farán en Educación Infantil, entendo eu porque non hai obriga de máscara, e para poder facer mellor o seguimento dos contactos. A dúbida xorde no meu centro porque hai profesores de Primaria, que falan de facer grupos colaborativos, como en Educación Fïsica, etc. Pero entendo eu que en Primaria non habería grupos colaborativos, non???...dado que como levan máscara e non teñen a obriga de gardar a distancia por ser grupo estable de convivencia eso xa non tería sentido...non?
4. En Secundaria dado que non son grupos estables, e teñen que gardar a distancia de 1,5 metros, me pregunta o profesor de Secundaria de Educación Física, se pode facer grupos colaborativos onde poidan traballar a menos de 1,5 metros. Eu lle dixen que creía que non, porque non se menciona no Protocolo, pero tampouco o teño claro. Tamén me preguntou se se podían facer grupos estables de traballo para todo o ano como en Primaria...e penso que a resposta sería que non, ou me equivoco???
5. ¿Cómo se deben xestionar os cambios de vestimenta e hixiene persoal ó finalizar as clases de Educación Física? ¿Poden entrar xuntos os vestiarios e en que condición deberían facelo?
6.¿ Está permitido deporte nos recreos?
7. Nas aulas Taller e no laboratorio en Secundaria, poden os alumnos traballar con máscara en grupos de 2 sen gardar a distancia de 1,5 metros???...Sei que no Protocolo fala de promover o traballo individual, pero non sei se é posible, ou se os poñemos en parellas deben ser sempre coa distancia de 1,5 metros, co cal xa case sería como se traballasen individual!!
Moitas gracias!!