1 Distancias:
Nos estudos con talleres teórico-prácticos ou prácticos os alumnos necesitan moverse con frecuencia do seu posto de traballo e non están colocados todos na mesma dirección. O sentido común me pide que os pasillos polos que necesiten moverse teñan o ancho suficiente para que garden a distancia cos compañeiros que atopen no camiño (andando ou na mesa/máquina correspondente). Hai algún criterio ao respecto?
2 Residencia:
Os nosos alumnos son todos maiores de idade e moitos non residen na cidade onde está a súa familia. No caso de que algún se sinta mal, ademáis de avisar á familia podería ser necesario outro teléfono de contacto próximo para a atención inmediata no lugar onde vive.