Foro de consulta

Calzado de aula para educación infantil

Calzado de aula para educación infantil

por GEMMA MARÍA DELGADO RODRÍGUEZ -
Número de respostas: 0

Ola!

No minuto 10 do bloque 3, aconséllase, para alumnado de infantil, "un único calzado para estar nas aulas". 

Quere isto dicir que deben deixar un reposto de calzado que non saia da súa aula, debendo cambiar o que traen de casa, cada vez que accedan ou saian da mesma para ir ao patio, ao comedor, ao baño etc..? 

Onde deben facer ese cambio de calzado e onde se almacena o que quitan? Dentro ou fóra da aula?

Non chega co uso de alfombriñas de desinfección nos accesos aos edificios?

Graciñas.