Foro de consulta

Dúbidas varias:

Dúbidas varias:

por SUSANA CADÓRNIGA DÍAZ -
Número de respostas: 0

Boas tardes:

Dúbidas:

1- No caso dunha sospeita dun alumn@ con síntomas Covid, logo de aislal@ e avisaren ó centro de Saúde de referencia, se cando se avisa os seus familiares  non se consigue contactar con eles antes do fin da xornada, cal é o xeito de proceder, ¿Avisar a Guardia Civil? (Pode ser que @ alumn@ viñese en bus) 

2- É obrigatorio escalonar a entrada e a saída?

3- No bloque 3 se nos di que hai que establecer persoal de referencia en cada centro para garantir o uso correcto dos EPIs. Ao seu parecer quen pode facer esta labor: @s profesor@s(que teñen o seu horario adicado á ensinanza? @s vedeis que teñen delimitadas as súas funcións? O persoal de limpieza… ??? 

4- Sería recomendable separar nas aulas @s alumn@s que veñen en bus(sen cumprir a distancia de seguridade e confinados nun espazo cerrado), dos que non veñen en bus? 

5- Débese facer o recreo en quendas para garantir que Non haxa acumulación nos corredores que le van ós patios e polideportivos? 

6- Como se procede c@s alumn@s que estén exentos de levar mascarilla por prescripción médica más aulas? Pódense por unhas pantallas? E de Non ser así, canto se debe incrementar a distancia de seguridade cos demáis compañeir@s?

Graciñas por contestar.