A textura musical é a forma na que se organizan e relacionan as diferentes voces ou liñas melódicas dentro dunha composición.
Imaxina a música como un tecido. A mestura dos diferentes tecidos supón a combinación de distintos fíos, las, materiais, cores... que segundo sexan entretecidos forman unha composición ou outra.

Coa música pasa o mesmo; as distintas voces poden ser entrelazadas de moi diversas formas que veremos a continuación.