Na polifonía contrapuntística cada liña melódica é independente ritmica e melodicamente das demais. Deste xeito o aliñamento vertical non se chega a producir e a visión da partitura é caótica, desordenada. Isto ten unha consecuencia auditiva clara que é o difícil entendemento do texto pois sílabas diferentes son cantadas ao mesmo tempo.
Para que vexades un exemplo, aquí tedes o Contrapunto Bestiale alla mente de Adriano Banchieri. Nesta obra podemos observar tres partes, ABA, a parte A é homofónica e a B contrapuntística, claramente contrastantes.
Neste caso atopámonos cunha obra na que, como en moitas outras, se alternan as técnicas de homofonía e contrapunto mencionadas.