Melodía acompañada

DEFINICIÓN:

É a textura na que unha liña melódica principal é acompañada por voces e/ou instrumentos que executan melodías ou acordes secundarios. Neste tipo de textura existen varias voces pero só unha, a melodía, destaca de xeito prominente, formando as demais a base do seu acompañamento.

USOS:

A melodía acompañada é a textura máis común na música occidental a partir do Barroco, co nacemento da ópera, e é facilmente recoñecible na:

1. Música culta

2. Música popular

3. Música popular urbana (moderna ou comercial)

Como exemplo, mostrámosvos Amazing Grace, un himno orixinariamente inglés que hoxe en día é un símbolo da cultura musical estadounidense.

Escoitade neste primeiro vídeo soamente  a melodía, sen acompañamento.

Agora escoita só o acompañamento.

Se xuntamos a melodía e o acompañamento temos a textura da melodía acompañada.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0