Homofonía

DEFINICIÓN:

A homofonía é un tipo de polifonía onde varias voces ou liñas melódicas avanzan co mesmo ritmo producindo acordes entre elas.

Esta característica fai que visualmente (observando a partitura) se produza un aliñamento vertical, como se de columnas de sons se tratase. Ademais no caso das obras vocais permite que o entendemento do texto sexa total por producirse as sílabas de tódalas voces ao mesmo tempo.

A polifonía (diferentes liñas melódicas soando ao mesmo tempo) xorde a raíz de engadir a un canto gregoriano outras voces a distancia de 4ª ou 5ª. A voz orixinal do canto gregoriano recibiu o nome de cantus firmus ou vox principalis, e as voces engadidas recibiron o nome de vox organalis. Este exemplo de polifonía primitiva pode considerarse o primeiro exemplo de homofonía.

Aquí tedes un exemplo de polifonía primitiva:

USOS:

A homofonía destaca polo seu uso no Renacemento, sobre todo nos corais luteranos, onde había unha intención de entendemento do texto.

Como exemplo presentámosvos o himno Hanacpachap Cussicuinin, composto no idioma quechua polo sacerdote Juan Pérez Bocanegra en Ciudad de los Reyes, o que hoxe é Lima, en 1631. Trátase da primeira obra polifónica composta e publicada no Novo Mundo. 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0