No contrapunto imitativo as distintas voces imitan entre elas pequenos fragmentos musicais. As melodías das diferentes voces imítanse unhas ás outras.
Fíxate en como sucede isto no comezo da seguinte peza, onde as sopranos son imitadas polo resto das voces.
E a continuación podedes intentar percibir as distintas imitacións que se producen ao longo de toda a obra. Il est bel et bon é unha chanson renacentista composta por Pierre Passereau, autor francés do século XVI.
Unha técnica de contrapunto imitativo moi utilizada é o canon, onde unha voz interpreta unha melodía sendo imitada con exactitude por outras voces que van entrando sucesivamente, separadas por varios intervalos de tempo.
Como exemplo, aquí tedes Petrovskaya, un canon composto polo alumnado de Polo Vallejo, musicólogo, pedagogo e compositor, moi implicado na educación musical dos máis novos.