Contrapunto

DEFINICIÓN:

A textura contrapuntística prodúcese cando as diferentes voces ou melodías que forman a composición son independentes entre si, sobre todo dende o punto de vista rítmico.

Isto fai que non exista unha concepción vertical da música; as voces, vistas en vertical, non forman acordes con figuras da mesma duración como pasa na homofonía. No contrapunto a visión é horizontal; diferentes melodías, con importancia semellante, que se acompañan unhas ás outras.

USOS:

O contrapunto é a textura máis utilizada durante o Renacemento.

Os dous tipos de contrapunto dos que imos falar son:

  1. Polifonía contrapuntística
  2. Contrapunto imitativo

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0