Obxectivos
Objetivos
OBXECTIVO XERAL DE ETAPA
-Coñecer e valorar o seu contorno natural, social e cultural, así como as posibilidades de acción e de coidado deste, con especial atención á singularidade de Galicia.
OBXECTIVOS DO TERCEIRO CICLO
– AREA : COÑECEMENTO DO MEDIO
1. Coñecer as principais actividades económicas (sector primario, secundario e terciario) e as características demográficas de Galicia, España e Europa.
2. Coñecer as principais características de Galicia e de España: poboación, relevo, clima, as augas, economía, cultura, institucións...
3. Interpretar mapas diversos (relevo, ríos, clima, agricultura, industria, etc.) gráficos de distinto tipo (barras, lineais, sectores, etc.).
– AREA : MATEMÁTICAS:
1.-Representación gráfica da información mediante táboas de datos, diagramas de barras, diagramas lineais, diagramas de sectores...
2.-Valoración da importancia de analizar criticamente as informacións que se presentan a través de gráficos estatísticos e da tendencia a explorar todos os elementos das gráficas evitando interpretacións parciais e precipitadas.
3.-Obtención e emprego de información para a realización de gráficos. Valoración do uso das novas tecnoloxías nos ámbitos gráficos en que son precisas.