Pregunta Verdadeira ou Falsa

Pregunta Verdadeira ou Falsa

Resposta e logo comproba a túa resposta

Pregunta 1

  O Idevice "Verdadeiro" ou "Falso" permítenos introducir varios tipos de retroalimentaciones que serán visualizadas polo alumno unha vez completadas as actividades ou como pistas para realizalas

Suxestión

Le con atención o primeiro párrafo desta pantalla

Utilizaremos este iDevice para propoñer unha (ou varias) preguntas que deberán ser respondidas con "Verdadeiro" ou "Falso". Permítenos introducir varios tipos de retroalimentaciones que serán visualizadas polo alumno unha vez completadas as actividades ou como pistas para realizalas. Este tipo de actividade facilitará que o alumno poida comprobar por si mesmo a asimilación dos contidos traballados. 

Ao seleccionar o iDevice "Pregunta verdadeiro falso" do listado de iDevices mostrarállenos o seguinte no noso eXeLearning:

Na parte superior, teremos a posibilidade de modificar o título do iDevice.

No campo "Instrucións" escribiremos o texto coas instrucións a seguir para realizar a pregunta Verdadeiro / Falso.

No campo "Pregunta" escribiremos o texto da pregunta. O enunciado deberá ser claro. Evitaremos premisas negativas xa que tenden a ser ambiguas.

Determinaremos se o enunciado que escribimos é Verdadeiro ou Falso, marcando a casa correspondente

No campo "Retroalimentación" escribiremos a retroalimentación que queremos que vexan os lectores despois de realizar a actividade. Se deixamos o campo baleiro ofrecerase a retroalimentación por defecto.

No campo "Suxestión" poderemos proporcionar algunha pista que axude ao estudante a contestar correctamente a pregunta. Poderemos deixar o campo en branco.

Poderemos engadir novas preguntas no iDevice pulsando o botón "Engadir outra cuestión"

Licenciado baixo a GNU Free Documentation License (Versión local)

Anterior | Seguinte