Insertar textos e imaxes

Insertar textos e imáxes

logo Imos insertar un texto. Para facer unha proba escribiremos algo sobre os delfíns, Uns animais mamíferos mariños moi interesantes e dos que podemos escribir directamente aquí ou copiar un texto que teña xa escrito nun procesador de textos, word, por exemplo.Como podedes ver, si facedes clic sobre o lápis que atoparedes na parte inferior apareceranos na parte superior  unha serie de ferramentas de edición e formato de texto e a posibilidade de escribir. Imos poñer unha lista de cousas a probar para probar esto:

  • Imos poñer un título ao noso texto.Escribimos "Insertar textos e imaxes" cambiaremos o tamaño e a fonte, centrámola...
  • Probaremos a suliñar un texto e poñelo en negriña seleccionando a primeira frase "Imos insertar un texto"
  • Poñeremos un enlace a unha páxina web que fale de arroás na verba "delfíns" poñéndolle un hipervínculo.           

Insertar imaxes.- Imos insertar dúas imaxes de  delfíns, a primeira, que colocaremos debaixo deste texto, imos collela da páxina Gifs animados, que atoparemos no curso. Simplemente faremos clic na árbore que vemos na barra de ferramentas e na ventá que aparece pegaremos a URL da imaxe que previamente teremos copiado da páxina citada. Poñemoslle unha Descripción e un Título e ata podemos cambiarlle o tamaño e aposición. Imos probar.

Delfins saltando

A segunda faremolo baixando a imaxe para o noso equipo e insertándoa desde un arquivo noso. Podedes atopar unha xa baixada na carpeta de "Arquivos fonte e recursos" do curso.O proceso e similar ao anterior, pero agora, en vez de pegar o enderezo web faremos clic no cuadriño que aparece á dereita da barra "URL da imaxe" :   "Examinar" e buscaremos a imaxe onde a teñamos gardada. O repto do proceso é igual que o anterior.

Delfins saltando

Licenciado baixo a GNU Free Documentation License (Versión local)

Anterior | Seguinte