iDevices de Información textual

Co iDevice TEXTO LIBRE podemos incluír un texto -ou elementos gráficos e multimedia diversos- en calquera apartado do noso recurso

Está composto por unha caixa de texto, que se pode modificar mediante un sinxelo editor de texto.

É o típico editor presente en moitas aplicacións en liña. Non chega a darnos as prestacións dun procesador de textos, pero ten a suficiente potencia para elaborar doadamente os nosos contidos.

Entre outras moitas cousas, permítenos inserir textos, imaxes, táboas, elementos multimedia, ecuacións e expresións matemáticas, etc.

Licenciado baixo a GNU Free Documentation License (Versión local)

Anterior | Seguinte