Ficheiros adxuntos

Utilizaremos este iDevice para achegar ficheiros ao paquete (que se incluirán ao exportalos).
Ao seleccionar o iDevice "Ficheiros adxuntos" da listaxe de iDevices mostrarásenos o seguinte no noso eXeLearning.

Preséntase con dúas opcións de visualización:

  • Mostrar a descrición e o enlace (SI): os arquivos cargados mostraranse nunha lista desordenados con enlaces.
  • Mostrar a descrición e o enlace (NON): os arquivos non aparecen nos exportados pero inclúense tanto no elp como no exportado. Esta forma complementa ao mecanismo de introdución de arquivos a través do iDevice Applet de java. Só para usuario avanzado.

Recorda utilizar o botón Cargar cada vez que queiras engadir un novo fichero.outro

Licenciado baixo a GNU Free Documentation License (Versión local)

Anterior | Seguinte