Encher espazos

Utilizaremos este iDevice para propor ao alumno un texto con espazos en branco que deberán ser completados. Inclúe a posibilidade de retroalimentación.
Disporemos de varias opcións de corrección:

  • Flexibilidade na resposta: admite como boas as respostas que só se diferencien nunha letra.
  • Admitir erro da primeira maiúscula: considera correcta a palabra aínda que a primeira letra (maiúscula/minúscula) non sexa corecta.
  • Corrección inmediata: corrixe ao completar a palabra sen esperar a que o usuario o solicite.

No apartado "Instrucións" escribiremos o texto coas instrucións para realizar a actividade.
No apartado "Texto con ocos a encher" escribiremos o texto sobre o que se creará a actividade, seleccionando a palabra ou palabras que queremos facer desaparecer facendo clic no botón "Ocultar / mostrar palabra".
Teremos a posibilidade de marcar diferentes opcións de corrección.
Por último no apartado "Retroalimentación", incluímos aquelas informacións e indicacións que poidan servir de axuda ou complemento ao noso alumno para realizar a actividade proposta.

Sabías que?
Podemos crear un oco no que varias palabras sexan candidatas á palabra correcta.
Para iso teremos que escribilas entre liñas verticais: |casa|apartamento|chalé| e seleccionando a cadea, pulsar o botón de mostrar/ocultar.

Actividade de encher espazos

Lea o párrafo seguinte e escriba as palabras que faltan.

En Sargadelos podemos atopar o Paeo dos e a Fonte da Os dous lugares están á beira do río

Habilitar JavaScript

Licenciado baixo a GNU Free Documentation License (Versión local)

Anterior | Seguinte