Buscamos ao noso vídeo en Youtube e na súa parte inferior atoparemos o símbolo e a palabra "Compartir" se facemos clic nesta apareceranos "Insertar" que ao clicar sobre ela mostrarános o código par embeber o vídeo. Copiámolo.
Unha vez en eXeLearning, ao editar calquera iDevice, utilizaremos o botón de "Pegar fragmento de HTML (Código embebido)", pegamos o código copiado e teremos embebido o noso vídeo.