Utilizaremos este iDevice para incluír toda a información dun artigo da Wikipedia, incluídas imaxes e as súas enlaces. Debemos ter en conta que cando se carga o contido realízase unha copia que xa non se actualiza. Isto ten tres consecuencias:
O contido do artigo non se actualiza cando se actualiza a Wikipedia.
Poderemos modificar o contido do artigo no noso material e mostralo modificado aos nosos alumnos.
Permitiranos a utilización do recurso sen conexión a Internet.
Ao seleccionar o iDevice "Artigo da wikipedia" do listado de iDevices mostrarállenos o seguinte no noso eXeLearning:
Na parte superior, teremos a posibilidade de modificar o título do iDevice.
No desplegable "Sitio" poderemos elixir a fonte desde a que queremos buscar o contido.
No seguinte formulario escribiremos a palabra a buscar e faremos clic no botón "Cargar".
Mostrarállenos o contido do artigo no último campo, podendo ser editado por nosotro
No Antigo Réxime os territorios do concello pertencían á xurisdición de San Cibrao e ao couto redondo de Burela, pertencentes á súa vez á provincia de Mondoñedo. Coa primeira división de Galiza en concellos, Cervo pertencía ao partido de Viveiro. Entre 1835 e 1840 estivo dividido en dous: San Cibrao (parroquias de Castelo, Cervo, Lieiro, Rúa, Sargadelos e Vilaestrofe) e San Xulián de Nois (parroquia de Santa María de Burela). Esta división mantívose até 2002, cando se independizou o concello de Burela.
O 20 de setembro de 2001 aprobouse a modificación do escudo heráldico do concello de Cervo. O deseño do escudo quedou como:
«De sinople (verde) un cervo de ouro (amarelo), vilenado de gules (vermello); xefe de azur (azul) cunha estrela de ouro flanqueada de dúas áncoras de prata (en branco). Ao timbre, corona real pechada»
Malia que boa parte da economía local depende do sector primario (agricultura, gandería e pesca), tamén existe sector industrial e turístico.
O valor industrial da zona naceu por mor da existencia de terreos arxilosos e de caolín na zona. Isto permitiu a creación de factorías de ladrillos, tellas e louza, destacando a cerámica de Sargadelos a finais do século XVIII. Na actualidade a principal industria é a empresa Alcoa Europe (entre os concellos de Cervo e Xove).
Amais das festas parroquiais, existen no concello varias festas gastronómicas, como a festa do ourizo (en marzo) e a festa do mexillón (abril) en San Cibrao. Esta aldea acolle tamén a festa da Maruxaina, celebrada o segundo sábado de agosto desde 1985, e declarada de interese turístico en 2002. Os veciños reúnense pola mañá vestidos de época (os homes de mariñeiros, con pantalón azul, camisa branca e boina, e as mulleres de loito, con saia longa, mandil, camisa e pano na cabeza). Percorren a aldea co son das gaitas e os cornos, hai xantar popular na praia e celebración de xogos populares. Coa chegada da noite, a Maruxaina chega en chalanas desde Os Farallóns, e é levada á praza onde ten lugar un xuízo para decidir se é queimada ou indultada. Tralo indulto, comézase unha gran queimada.
O sábado seguinte ao 16 de agosto ten lugar en Cervo a queimada popular, declarada en 2001 festa galega de interese turístico. Logo dunha representación teatral da loita entre o ben e o mal, faise o conxuro da queimada e repártese a augardente.