Actividades non interactivas

 

Para presentar propostas de actividades nas que se inclúe un botón de retroalimentación teremos os seguintes iDevices:

  • Actividade: para suscitar unha actividade aos alumnos nunha caixa de texto destacado e cun icono que enfatiza o contido mostrado. 
  • Reflexión: propón nunha actividade unha pregunta ou texto sobre os que o alumno debe reflexionar. Na retroalimentación pódense incluír informacións complementarias para realizar a actividade.
  • Actividade de lectura: propón aos alumnos unha lectura acompañada dunha actividade. Na retroalimentación pódense incluír informacións complementarias para realizar a actividade.
  • Caso práctico: propón o estudo dun caso (real ou imaxinario) a partir do cal propóñense un conxunto de actividades con diferentes informacións e orientacións para a súa realización. Na retroalimentación pódense incluír informacións complementarias para realizar as actividades.

Importante

Nos iDevices con varias caixas de texto, podes escribir directamente nelas. Se queres que se mostre o editor, tes que facer clic na ligazón "Editor" . A boton que aparece ao seu carón descríbenos para que está pensada esa caixa.

Licenciado baixo a GNU Free Documentation License (Versión local)

Anterior | Seguinte