Utilizaremos este iDevice para propor ao alumno un texto cunha lista de posibles cadeas de palabras que deberán ser seleccionadas. Teremos a posibilidade de engadir novas palabras (separadas por "|" na casa correspondente) para incrementar as posibles respostas. Poderemos incluír cualificación e retroalimentación xeral.
No apartado "Instrucións" escribiremos o texto coas instrucións para realizar a actividade.
No apartado "Texto" escribiremos o texto sobre o que se creará a actividade, seleccionando a palabra ou palabras que queremos facer desaparecer facendo clic no botón "Ocultar/mostrar palabra".
Poderemos incluír "Outras palabras". Para iso escribiremos palabras separadas por | (Alt Gr + 1).
Por último, no apartado "Retroalimentación" incluiremos aquelas informacións e indicacións que poidan servir de axuda ou complemento ao noso alumno para realizar a actividade proposta.