Actividade de lectura
Utilizaremos este iDevice preferentemente para propoñer aos alumnos unha lectura acompañada dunha actividade que deberán completar. Dá a posibilidade de utilizar unha retroalimentación que o alumno poderá visualizar cando o estime oportuno.
Ao seleccionar o iDevice "Actividade de lectura" do listado de iDevices mostrarállenos o seguinte no noso eXeLearning:
Na parte superior, teremos a posibilidade de modificar o título do iDevice.
No campo "Que ler" escribiremos o texto proposto aos nosos alumnos.
"Aquí colocaremos o texto"
No campo "Actividade" indicámoslles as instrucións para realizar a actividade de lectura proposta.