Imos tratar de crear o noso primeiro eXe learning. Para conseguilo imos ir tratando de facer aquelo que vaiamos vendo en cada un dos apartados seguintes, de xeito que cando rematemos poidamos ter un eXe learning para aprender ou recordar como se fai cada unha das cousas.
Este que estamos a escribir é un dos Idevices que encontraremos no apartado "Actividades interactivas". Dentro destas o apartado "Actividade" pretende prantexar una actividade aos alumnos nunha caixa de texto destacado e cun icono que enfatiza o contido mostrado.Verémolo máis adiante.
Idevices
Os iDevices son elementos que nos permiten incluir diversos tipos de contidos. Organizaremolos por categorías, atendendo ao tipo de acción ou presentación que da realizan.Pódense agrupar ou desagrupar no menú da esquerda. Tamén se poden editar.
iDevices de presentación de información de forma textual
iDevices de actividades non interactivas: propoñen actividades que non se poden respostar directamente.
iDevices de actividades interactivas: permiten ao alumno interactuar directamente co obxeto.
iDevices de presentación de información non textual "Información Meta": Ampliadores e Galerías de imaxes ,wikis, Ficheiros de java (JClic.) , páginas web., Ficheiros adxuntos....
iDevices experimentales: son actividades en desenvolvemento, non sendo aconsellable o seu uso. Unicamente a modo de proba.
iDevices de Información textual
Co iDevice TEXTO LIBRE podemos incluír un texto -ou elementos gráficos e multimedia diversos- en calquera apartado do noso recurso
Está composto por unha caixa de texto, que se pode modificar mediante un sinxelo editor de texto.
É o típico editor presente en moitas aplicacións en liña. Non chega a darnos as prestacións dun procesador de textos, pero ten a suficiente potencia para elaborar doadamente os nosos contidos.
Entre outras moitas cousas, permítenos inserir textos, imaxes, táboas, elementos multimedia, ecuacións e expresións matemáticas, etc.
Obxectivos
Obxectivos
Isto é o que nos propoñemos:
Coñecer a instalación de eXeLearning nos distintos sistemas operativos.
Coñecer as principais características do entorno de traballo eXeLearning.
Ser capaz de crear un proxecto coa ferramenta utilizando as súas funcions básicas.
Coñecer os diferentes estilos ofrecidos por eXeLearning.
Dominar as funcions avanzadas que ofrece o editor.
Exportar nos diferentes formatos que ofrece a ferramenta.
Publicar na aula virtual
Precoñecemento
Compartimos?
eXeLearning é unha ferramienta de código aberto (open source) que facilita a creación de contidos educativos sin necesidade de ser un experto.
Instala eXeLearning no teu sistema operativo favorito (Windows, MAC y Linux) e utiliza o teu navegador preferido para traballar con él.
¡Todo o que estexa publicado en Internet e poida ser compartido,pódelo incluir nos teus traballos con eXeLearning! Crea contidos con texto, imaxes, vídeos, audios, animacions, recursos web2.0... No esquezas respetar as licencias e citar ao autor. ¡Compartindo gañamos todos!
Insertar textos e imaxes
Insertar textos e imáxes
Imos insertar un texto. Para facer unha proba escribiremos algo sobre os delfíns, Uns animais mamíferos mariños moi interesantes e dos que podemos escribir directamente aquí ou copiar un texto que teña xa escrito nun procesador de textos, word, por exemplo.Como podedes ver, si facedes clic sobre o lápis que atoparedes na parte inferior apareceranos na parte superior unha serie de ferramentas de edición e formato de texto e a posibilidade de escribir. Imos poñer unha lista de cousas a probar para probar esto:
Imos poñer un título ao noso texto.Escribimos "Insertar textos e imaxes" cambiaremos o tamaño e a fonte, centrámola...
Probaremos a suliñar un texto e poñelo en negriña seleccionando a primeira frase "Imos insertar un texto"
Poñeremos un enlace a unha páxina web que fale de arroás na verba "delfíns" poñéndolle un hipervínculo.
Insertar imaxes.- Imos insertar dúas imaxes de delfíns, a primeira, que colocaremos debaixo deste texto, imos collela da páxina Gifs animados, que atoparemos no curso. Simplemente faremos clic na árbore que vemos na barra de ferramentas e na ventá que aparece pegaremos a URL da imaxe que previamente teremos copiado da páxina citada. Poñemoslle unha Descripción e un Título e ata podemos cambiarlle o tamaño e aposición. Imos probar.
A segunda faremolo baixando a imaxe para o noso equipo e insertándoa desde un arquivo noso. Podedes atopar unha xa baixada na carpeta de "Arquivos fonte e recursos" do curso.O proceso e similar ao anterior, pero agora, en vez de pegar o enderezo web faremos clic no cuadriño que aparece á dereita da barra "URL da imaxe" : "Examinar" e buscaremos a imaxe onde a teñamos gardada. O repto do proceso é igual que o anterior.
Insertar un vídeo
Para insertar un vídeo seguiremos o mesmo proceso que fixemos para as imaxes, pero ahora premeremos na pelicula que atoparemos á esquerda da árbore. Tamén poderemos poñer o enderezo ou baixar o vídeo e gárdalo no noso equipo. Aqu colocamos un Youtube de delfíns:
Insertar Taboas
O proceso é moi semellante ao empregado en calquera Procesador de Textos.
As funcións para editar as táboas son: A opción Inserir Nova Táboa representada por esta iconadesprega un cadro de diálogo no que debemos elixir o número de filas e o número de columnas (no exemplo 2 columnas e 3 filas).Na pestana Avanzada podo elixir a cor do borde da táboa e a do fondo (no exemplo cor de borde negra, e cor de fondo verde).
Actividades non interactivas
Para presentar propostas de actividades nas que se inclúe un botón de retroalimentación teremos os seguintes iDevices:
Actividade: para suscitar unha actividade aos alumnos nunha caixa de texto destacado e cun icono que enfatiza o contido mostrado.
Reflexión: propón nunha actividade unha pregunta ou texto sobre os que o alumno debe reflexionar. Na retroalimentación pódense incluír informacións complementarias para realizar a actividade.
Actividade de lectura: propón aos alumnos unha lectura acompañada dunha actividade. Na retroalimentación pódense incluír informacións complementarias para realizar a actividade.
Caso práctico: propón o estudo dun caso (real ou imaxinario) a partir do cal propóñense un conxunto de actividades con diferentes informacións e orientacións para a súa realización. Na retroalimentación pódense incluír informacións complementarias para realizar as actividades.
Importante
Nos iDevices con varias caixas de texto, podes escribir directamente nelas. Se queres que se mostre o editor, tes que facer clic na ligazón "Editor" . A que aparece ao seu carón descríbenos para que está pensada esa caixa.
Actividade
Actividade
Utilizaremos este iDevice preferentemente para indicar unha actividade, exercicio ou tarefa.
Na parte superior, teremos a posibilidade de modificar o título do iDevice.
No campo de texto central, introduciremos o noso contido. Como tamén dispón do editor de textos, poderemos inserir imaxes, contidos multimedia...
Reflexión
Reflexión
Utilizaremos este iDevice preferentemente para propoñer nunha actividade unha pregunta ou texto sobre o que o alumno debe reflexionar. Ao seleccionar o iDevice "Reflexión" do listado de iDevices mostrarásenos o seguinte no noso eXeLearning: Na parte superior, teremos a posibilidade de modificar o título do iDevice. No campo "Pregunta para a reflexión" escribiremos o texto proposto sobre o que deben reflexionar os nosos alumnos.
Estudo de caso
Estudo de caso
Utilizaremos este iDevice preferentemente para propoñer o estudo dun caso (real ou imaxinario) a partir do cal propóñense un conxunto de actividades con diferentes informacións e orientacións para a súa realización. Ao seleccionar o iDevice "Caso práctico" do listado de iDevices mostrarállenos o seguinte no noso eXeLearning: Na parte superior, teremos a posibilidade de modificar o título do iDevice. No campo "Historia" escribiremos o texto a partir do cal os nosos alumnos farán as actividades.
No campo "Actividade" indicámoslles as instrucións para realizar a actividade de lectura proposta.
Segunda Actividade
A diferenza do iDevice "Actividade de lectura", en "Caso práctico" poderemos crear novas actividades con retroalimentación relacionadas coa historia inicial. Só teremos que facer clic no botón Agregar outra actividade.
Actividade de lectura
Actividade de lectura
Utilizaremos este iDevice preferentemente para propoñer aos alumnos unha lectura acompañada dunha actividade que deberán completar. Dá a posibilidade de utilizar unha retroalimentación que o alumno poderá visualizar cando o estime oportuno. Ao seleccionar o iDevice "Actividade de lectura" do listado de iDevices mostrarállenos o seguinte no noso eXeLearning: Na parte superior, teremos a posibilidade de modificar o título do iDevice. No campo "Que ler" escribiremos o texto proposto aos nosos alumnos.
"Aquí colocaremos o texto"
No campo "Actividade" indicámoslles as instrucións para realizar a actividade de lectura proposta.
Actividades Interactivas
Para presentar propostas de cuestionarios de preguntas de diversos tipos (con retroalimentación e resultados) teremos os seguintes iDevices:
Pregunta Verdadeira-falsa: propón unha (ou varias) preguntas que deberán ser respondidas con "Verdadeiro" ou "Falso".
Pregunta de escolla múltiple: propón unha (ou varias) preguntas tipo test ao alumno. Cada unha das preguntas só poderá ter unha resposta correcta.
Pregunta de selección múltiple: propón unha (ou varias) preguntas tipo test ao alumno. Cada unha das preguntas poderá ter máis dunha resposta correcta.
Test SCORM: propón unha (ou varias) preguntas tipo test ao alumno. É similar en canto a funcionamento ao iDevice "Pregunta de elección múltiple" pero permite a comunicación cun LMS (Moodle), obtendo datos do rastrexo da actividade que indican si aprobouse ou non o exame.
Encher espazos: propón ao alumno un texto con espazos en branco que deberán ser completados. Inclúe a posibilidade de retroalimentación.
Actividade despregable: propón ao alumno un texto cun lista de posibles cadeas de palabras que deberán ser seleccionadas.
Pregunta Verdadeira ou Falsa
Pregunta Verdadeira ou Falsa
Resposta e logo comproba a túa resposta
Retroalimentación
Verdadeiro
Esta é a retroalimentación que aparece logo de contestar á pregunta.
Utilizaremos este iDevice para propoñer unha (ou varias) preguntas que deberán ser respondidas con "Verdadeiro" ou "Falso". Permítenos introducir varios tipos de retroalimentaciones que serán visualizadas polo alumno unha vez completadas as actividades ou como pistas para realizalas. Este tipo de actividade facilitará que o alumno poida comprobar por si mesmo a asimilación dos contidos traballados.
Ao seleccionar o iDevice "Pregunta verdadeiro falso" do listado de iDevices mostrarállenos o seguinte no noso eXeLearning:
Na parte superior, teremos a posibilidade de modificar o título do iDevice.
No campo "Instrucións" escribiremos o texto coas instrucións a seguir para realizar a pregunta Verdadeiro / Falso.
No campo "Pregunta" escribiremos o texto da pregunta. O enunciado deberá ser claro. Evitaremos premisas negativas xa que tenden a ser ambiguas.
Determinaremos se o enunciado que escribimos é Verdadeiro ou Falso, marcando a casa correspondente
No campo "Retroalimentación" escribiremos a retroalimentación que queremos que vexan os lectores despois de realizar a actividade. Se deixamos o campo baleiro ofrecerase a retroalimentación por defecto.
No campo "Suxestión" poderemos proporcionar algunha pista que axude ao estudante a contestar correctamente a pregunta. Poderemos deixar o campo en branco.
Poderemos engadir novas preguntas no iDevice pulsando o botón "Engadir outra cuestión"
Utilizaremos este iDevice para propor unha (ou varias) preguntas tipo test ao alumno. Cada unha das preguntas só poderá ter unha resposta correcta. Permítenos introducir varios tipos de retroalimentacións que serán visualizadas polo alumno unha vez completada as actividades ou como pistas para realizalas. Este tipo de actividades facilitará que o alumno poida comprobar en por si a asimilación dos contidos traballados. Ao seleccionar o iDevice "Pregunta de elección múltiple" da listaxe de iDevices mostrarásenos o seguinte no noso eXeLearning:
Na parte superior, teremos a posibilidade de modificar o título do iDevice.
No campo "Pregunta" escribiremos o texto da pregunta. O enunciado deberá ser claro. Evitaremos premisas negativas xa que tenden a ser ambiguas.
No campo "Suxestión" poderemos proporcionar algunha pista que axude ao estudante a contestar correctamente a pregunta. Poderemos deixar o campo en branco.
No campo "Opción" escribiremos o texto coas opcións de resposta dispoñibles. Marcaremos no botón que se atopa á dereita do campo a opción que sexa correcta. Poderemos engadir opcións pulsando o botón "Engadir outra opción". Sempre será recomendable ofrecer un rango de entre 3 e 4 opcións de resposta.
No campo "Retroalimentación" escribiremos a retroalimentación que queremos que vexan os lectores despois de realizar a actividade. Se deixamos o campo baleiro ofrecerase a retroalimentación por defecto.
Poderemos engadir novas preguntas no iDevice pulsando o botón "Engadir outra pregunta"
Pregunta de selección múltiple
Utilizaremos este iDevice para propor unha (ou varias) preguntas tipo test ao alumno. Cada unha das preguntas poderá ter máis dunha resposta correcta. Permítenos introducir unha retroalimentación que será visualizada polo alumno unha vez completada a actividade. Este tipo de actividade facilitará que o alumno poida comprobar en por si a asimilación dos contidos traballados. Ao seleccionar o iDevice "Pregunta de selección múltiple" da listaxe de iDevices mostrarásenos o seguinte no noso eXeLearning:
Na parte superior, teremos a posibilidade de modificar o título do iDevice.
No campo "Pregunta" escribiremos o texto da pregunta. O enunciado deberá ser claro. Evitaremos premisas negativas xa que tenden a ser ambiguas.
No campo "Opción" escribiremos o texto coas opcións de resposta dispoñibles. Marcaremos na casa que se atopa á dereita do campo tantas opcións de respostas correctas como sexan necesarias. Poderemos engadir novas opcións pulsando o botón "Engadir outra opción". Sempre será recomendable engadir un rango de entre tres e catro opcións de resposta.
No campo "Retroalimentación" escribiremos a retroalimentación que queremos que vexan os lectores despois de realizar a actividade. Se deixamos o campo baleiro ofrecerase a retroalimentación por defecto.
Poderemos engadir novas preguntas no iDevice pulsando o botón "Engadir outra pregunta"
É similar en canto a funcionamento ao iDevice "Pregunta de elección múltiple" pero permite a comunicación cun LMS (Moodle) obtendo datos do rastrexo da actividade que indican se se aprobou ou non o exame.
No campo "Pregunta" escribiremos o texto da pregunta. No campo "Opcións" escribiremos o texto coas opcións de resposta dispoñibles. Marcaremos no botón que se atopa á dereita do campo a opción correcta. Poderemos engadir novas opcións pulsando o botón "Engadir outra opción". Sempre será recomendable engadir un rango de entre 3 e 4 opcións de resposta. Poderemos engadir novas preguntas no iDevice pulsando o botón "Engadir outra pregunta" e seleccionar o coeficiente de aprobado. Ao final o sistema proporciona o tanto por cento de acertos: "A súa puntuación é 100%"
Test SCORM
Encher espazos
Utilizaremos este iDevice para propor ao alumno un texto con espazos en branco que deberán ser completados. Inclúe a posibilidade de retroalimentación. Disporemos de varias opcións de corrección:
Flexibilidade na resposta: admite como boas as respostas que só se diferencien nunha letra.
Admitir erro da primeira maiúscula: considera correcta a palabra aínda que a primeira letra (maiúscula/minúscula) non sexa corecta.
Corrección inmediata: corrixe ao completar a palabra sen esperar a que o usuario o solicite.
No apartado "Instrucións" escribiremos o texto coas instrucións para realizar a actividade. No apartado "Texto con ocos a encher" escribiremos o texto sobre o que se creará a actividade, seleccionando a palabra ou palabras que queremos facer desaparecer facendo clic no botón "Ocultar / mostrar palabra". Teremos a posibilidade de marcar diferentes opcións de corrección. Por último no apartado "Retroalimentación", incluímos aquelas informacións e indicacións que poidan servir de axuda ou complemento ao noso alumno para realizar a actividade proposta.
Sabías que? Podemos crear un oco no que varias palabras sexan candidatas á palabra correcta. Para iso teremos que escribilas entre liñas verticais: |casa|apartamento|chalé| e seleccionando a cadea, pulsar o botón de mostrar/ocultar.
Actividade de encher espazos
Lea o párrafo seguinte e escriba as palabras que faltan.
En Sargadelos podemos atopar o Paseo dos Namorados e a Fonte da Tella. Os dous lugares están á beira do río Xunco.
Actividade despregable
Utilizaremos este iDevice para propor ao alumno un texto cunha lista de posibles cadeas de palabras que deberán ser seleccionadas. Teremos a posibilidade de engadir novas palabras (separadas por "|" na casa correspondente) para incrementar as posibles respostas. Poderemos incluír cualificación e retroalimentación xeral.
No apartado "Instrucións" escribiremos o texto coas instrucións para realizar a actividade. No apartado "Texto" escribiremos o texto sobre o que se creará a actividade, seleccionando a palabra ou palabras que queremos facer desaparecer facendo clic no botón "Ocultar/mostrar palabra". Poderemos incluír "Outras palabras". Para iso escribiremos palabras separadas por | (Alt Gr + 1). Por último, no apartado "Retroalimentación" incluiremos aquelas informacións e indicacións que poidan servir de axuda ou complemento ao noso alumno para realizar a actividade proposta.
Actividade despregable
Ler e completar
Información Meta
Ampliador de imaxes (lupa)
Utilizaremos este iDevice para mostrar unha imaxe e mediante un efecto de lupa, realizar ampliacións da mesma. Poderemos utilizar este iDevice para centrar a atención do alumno e animarlle a explorar planos, mapas, fotografías.
No apartado "Título" poderemos cambiar a cabeceira da imaxe. Atoparemos tamén o aparatado "Texto" no que poderemos indicar ao alumno qué buscar ou mirar na imaxe. e un apartado "Elexir unha imaxe" no que colocaremos a imaxe.
Comunicacións Cervo
Busca o nome do lugar onde vives no mapa do concello.
Artigo Wiki
Utilizaremos este iDevice para incluír toda a información dun artigo da Wikipedia, incluídas imaxes e as súas enlaces. Debemos ter en conta que cando se carga o contido realízase unha copia que xa non se actualiza. Isto ten tres consecuencias:
O contido do artigo non se actualiza cando se actualiza a Wikipedia.
Poderemos modificar o contido do artigo no noso material e mostralo modificado aos nosos alumnos.
Permitiranos a utilización do recurso sen conexión a Internet.
Ao seleccionar o iDevice "Artigo da wikipedia" do listado de iDevices mostrarállenos o seguinte no noso eXeLearning:
Na parte superior, teremos a posibilidade de modificar o título do iDevice.
No desplegable "Sitio" poderemos elixir a fonte desde a que queremos buscar o contido.
No seguinte formulario escribiremos a palabra a buscar e faremos clic no botón "Cargar".
Mostrarállenos o contido do artigo no último campo, podendo ser editado por nosotro
No Antigo Réxime os territorios do concello pertencían á xurisdición de San Cibrao e ao couto redondo de Burela, pertencentes á súa vez á provincia de Mondoñedo. Coa primeira división de Galiza en concellos, Cervo pertencía ao partido de Viveiro. Entre 1835 e 1840 estivo dividido en dous: San Cibrao (parroquias de Castelo, Cervo, Lieiro, Rúa, Sargadelos e Vilaestrofe) e San Xulián de Nois (parroquia de Santa María de Burela). Esta división mantívose até 2002, cando se independizou o concello de Burela.
O 20 de setembro de 2001 aprobouse a modificación do escudo heráldico do concello de Cervo. O deseño do escudo quedou como:
«De sinople (verde) un cervo de ouro (amarelo), vilenado de gules (vermello); xefe de azur (azul) cunha estrela de ouro flanqueada de dúas áncoras de prata (en branco). Ao timbre, corona real pechada»
Malia que boa parte da economía local depende do sector primario (agricultura, gandería e pesca), tamén existe sector industrial e turístico.
O valor industrial da zona naceu por mor da existencia de terreos arxilosos e de caolín na zona. Isto permitiu a creación de factorías de ladrillos, tellas e louza, destacando a cerámica de Sargadelos a finais do século XVIII. Na actualidade a principal industria é a empresa Alcoa Europe (entre os concellos de Cervo e Xove).
Amais das festas parroquiais, existen no concello varias festas gastronómicas, como a festa do ourizo (en marzo) e a festa do mexillón (abril) en San Cibrao. Esta aldea acolle tamén a festa da Maruxaina, celebrada o segundo sábado de agosto desde 1985, e declarada de interese turístico en 2002. Os veciños reúnense pola mañá vestidos de época (os homes de mariñeiros, con pantalón azul, camisa branca e boina, e as mulleres de loito, con saia longa, mandil, camisa e pano na cabeza). Percorren a aldea co son das gaitas e os cornos, hai xantar popular na praia e celebración de xogos populares. Coa chegada da noite, a Maruxaina chega en chalanas desde Os Farallóns, e é levada á praza onde ten lugar un xuízo para decidir se é queimada ou indultada. Tralo indulto, comézase unha gran queimada.
O sábado seguinte ao 16 de agosto ten lugar en Cervo a queimada popular, declarada en 2001 festa galega de interese turístico. Logo dunha representación teatral da loita entre o ben e o mal, faise o conxuro da queimada e repártese a augardente.
Utilizaremos este iDevice para achegar ficheiros ao paquete (que se incluirán ao exportalos). Ao seleccionar o iDevice "Ficheiros adxuntos" da listaxe de iDevices mostrarásenos o seguinte no noso eXeLearning.
Preséntase con dúas opcións de visualización:
Mostrar a descrición e o enlace (SI): os arquivos cargados mostraranse nunha lista desordenados con enlaces.
Mostrar a descrición e o enlace (NON): os arquivos non aparecen nos exportados pero inclúense tanto no elp como no exportado. Esta forma complementa ao mecanismo de introdución de arquivos a través do iDevice Applet de java. Só para usuario avanzado.
Recorda utilizar o botón Cargar cada vez que queiras engadir un novo fichero.outro
Ficheiros adxuntos
Imos icluir aquí os ficheiros que precisemos para a osa actividade.
Utilizaremos este iDevice para mostrar un álbum de imaxes, inicialmente en formato miniatura. Facendo clic sobre calquera das imaxes do álbum abriremos unha mostra ampliada, con posibilidade de navegación entre as distintas imaxes da galería.
Ao seleccionar o iDevice "Galería de imaxes" do listado de iDevices mostrarállenos o seguinte no noso eXeLearning:
Engade imaxes desde o botón "Engadir imaxes".
Unha vez engadida a primeira, poderás seguir engadindo, borrando e movendo desde os botóns debaixo de cada unha delas. Recorda escribir un texto descriptivo por cada unha.
Coloca as partes do día desde que sae o sol ata que se pon
Moi ben!!!
Téntao de novo.
Amencer
Mañá
Tarde
Noite
Aplet de Java
Utilizaremos este iDevice para incluír recursos realizados con outras aplicacións (Jclic, Descartes, Scratch, Geogebra, ...) Ao contrario do resto dos iDevices, cuxa utilización é sinxela, o uso deste recurso ten unha complejidad maior, aínda que na última versión simplificouse moito.
Geogebra, Jclic, Scratch e Descartes Geogebra
Facemos clic no iDevice "Applet de java" Unha vez aberto o Applet de java, seleccionamos do desplegable "Tipo de applet" a opción "Geogebra". Automáticamente xerarase o código necesario para a inclusión do applet. Deberemos engadir o noso arquivo de geogebra (.gbb) e cargalo utilizando os botóns para ese efecto. applet de java Seleccionamos do desplegable "Tipo de applet" a opción "Geogebra" Engadir o noso arquivo de geogebra (.gbb) e cargalo
Exemplo
Jclic
Facemos clic no iDevice "Applet de java" Seleccionamos do desplegable "Tipo de applet" a opción "Jclic". Automáticamente xerarase o código necesario para a inclusión do applet. Deberemos engadir o noso arquivo de Jclic e cargalo utilizando os botóns para ese efecto. Exemplo
Scratch
Facemos clic no iDevice "Applet de java" Seleccionamos do desplegable "Tipo de applet" a opción "Scratch". Automáticamente xerarase o código necesario para a inclusión do applet. Deberemos engadir o noso arquivo de Scratch (.sb) e cargalo utilizando os botóns para ese efecto. Nota: por motivos de seguridade de JAVA nas súas distintas versións, Scratch non se visualizará en local. Para visualizalo en local terás que instalar versións antigas de JAVA.
Exemplo
Descartes
Facemos clic no iDevice "Applet de java" Seleccionamos do desplegable "Tipo de applet" a opción "Descartes". Automáticamente xerarase o código necesario para a inclusión do applet. Deberemos engadir a nosa URL e cargar o applet utilizando os botóns para ese efecto. Exemplo
Practica eXe: insere un applet de Java Realiza os seguintes procedementos:
Abre o arquivo miarchivo2.elp que creaches na actividade anterior (Podes facer dobre clic sobre el). Insere un applet de java tipo Descartes. Podes incluír un que descargado ou usar o que aparece en leste enlace. Insere un applet de java tipo JClic. Podes incluír un que descargado ou usar o que aparece en leste enlace. Garda os cambios. (Arquivo > Gardar)
Actividad Jclic Viveiro
Algúns trucos
Vexamos diferentes trucos para incrustar e embeber recursos externos en eXeLearning 2.0
Embeber un Lim
Accedemos ao noso Lim e facendo clic sobre él co rato dereito vamos a "copiar HTML".. Unha vez en eXeLearning, ao editar calquera iDevice, utilizaremos o botón de "Pegar fragmento de HTML (Código embebido)", pegamos o código copiado e teremos embebido o noso Lim.
Embeber un Prezzi
O proceso será sinxelo. Accedemos a prezi e buscamos o recurso a embeber. Copiamos o código que se ofrece no botón "Inserir". Unha vez en eXeLearning, ao editar calquera iDevice, utilizaremos o botón de "Pegar fragmento de HTML (Código embebido)", pegamos o código copiado e teremos embebido a nosa presentación de Prezi. Sinxelo?
Buscamos ao noso vídeo en Youtube e na súa parte inferior atoparemos o símbolo e a palabra "Compartir" se facemos clic nesta apareceranos "Insertar" que ao clicar sobre ela mostrarános o código par embeber o vídeo. Copiámolo. Unha vez en eXeLearning, ao editar calquera iDevice, utilizaremos o botón de "Pegar fragmento de HTML (Código embebido)", pegamos o código copiado e teremos embebido o noso vídeo.
Vídeo de Cervo
Presenación en Google Drive
Accedemos á presentación de Google Drive e no menú arquivo facemos clic en "Publicar na web". Na fiestra que se mostra facemos clic na pestana "Incrustar", pulsamos no botón Publicar e copiamos o código que se ofrece. Unha vez en eXeLearning, ao editar calquera iDevice, utilizaremos o botón de "Pegar fragmento de HTML (Código embebido)", pegamos o código copiado e teremos embebido a nosa presentación de Drive.
Documento en Google Drive
Accedemos ao documento de Google Drive e no menú arquivo facemos clic en "Publicar na web". Na fiestra que se mostra facemos clic na pestana "Incrustar", pulsamos no botón Publicar e copiamos o código que se ofrece. Unha vez en eXeLearning, ao editar calquera iDevice, utilizaremos o botón de "Pegar fragmento de HTML (Código embebido)", pegamos o código copiado e teremos embebido o noso documento de Drive.