Obxectivos
TÍTULO: VIVEIRO, O MEU
CONCELLO
DIRIXIDA A: 3º CICLO DE
PRIMARIA(6º ED.PRIMARIA)
DESCRICIÓN.- Nesta
Unidade Didáctica preténdese o achegamento do alumno ao seu entorno físico,
demográfico, cultural e económico, centrándose na unidade xeográfica do
concello. Asimesmo preténdese un achegamento ás distintas representacións do
entorno(mapas) e a súa interpretación, así como a interpretación, uso e
elaboración de gráficas a partir de datos cercanos.
OBXECTIVO XERAL DE ETAPA
-Coñecer e valorar o seu contorno natural, social e cultural, así como as
posibilidades de acción e de coidado deste, con especial atención á
singularidade de Galicia.
OBXECTIVOS DO TERCEIRO CICLO
– AREA :
COÑECEMENTO DO MEDIO
1.
Coñecer as principais
actividades económicas (sector primario, secundario e terciario) e as
características demográficas de Galicia, España e Europa.
2.
Coñecer as principais
características de Galicia e de España: poboación, relevo, clima, as augas,
economía, cultura, institucións...
3.
Interpretar mapas diversos
(relevo, ríos, clima, agricultura, industria, etc.) gráficos de distinto tipo
(barras, lineais, sectores, etc.).
4.
Construír esquemas, mapas de
conceptos, fichas e outros instrumentos que permitan organizar a información.
– AREA :
MATEMÁTICAS
·
Representación
gráfica da información mediante táboas de datos, diagramas de barras, diagramas lineais, diagramas de
sectores...
·
Interpretación e
extracción da información que fornecen a media aritmética e aplicación
a situacións familiares e concretas.
·
Disposición á
elaboración e á presentación de gráficos e de táboas de forma ordenada e clara.
·
Valoración da
importancia de analizar criticamente as informacións que se presentan a través
de gráficos estatísticos e da tendencia a explorar todos os elementos das
gráficas evitando interpretacións parciais e precipitadas.
·
Obtención e
emprego de información para a realización de gráficos.
·
Valoración do uso
das novas tecnoloxías nos ámbitos gráficos en que son precisas.