Inicio

O ACROSPORT CHEGA O COLE DE GALDO

Conocimiento previo

O acrosport chega ao CEIP PLURILINGÜE SANTA RITA

Para os amantes do circo e para todos aqueles que desexan realizar algún deporte que os divirta e sírvalles de aprendizaxe, presentámoslles o acrosport. Un deporte acrobático realizado con compañeiro ou en grupo, mediante a combinación de pirámides humanas, saltos acrobáticos e elementos coreográficos. Trátase dunha modalidade deportiva incluída na Federación Internacional de Deportes Acrobáticos (fundada en 1973) e forma parte da Federación Internacional de Ximnasia dende 1999.

Antigamente o circo e as actividades inmersas neste facían uso, na súa maioría, de trucos con animais, con pallasos ou outros personaxes artísticos. Pero co tempo isto cambiou para utilizar cada vez máis o corpo humano, como acontece no Circo do Sol. No noso país, tan rico en danzas tradicionais, destacan na actualidade os Castells que se realizan en Cataluña que xeralmente culminan cunha composición estática ou dinámica na que uns ascenden sobre outros formando unha torre, un castelo ou unha pirámide.

No acrosport existen tres elementos fundamentais:                      

a) Formación de figuras ou pirámides corporais.

b) Acrobacias e elementos de forza, flexibilidade e equilibrios como transicións entre as figuras.

c) Elementos de danza, saltos e piruetas ximnásticas

O exercicio debe conter elementos acrobáticos e ximnásticos de flexibilidade, equilibrio, saltos e xiros, así como movementos en cooperación entre os compoñentes do grupo realizando figuras e pirámides corporais. En todo momento debe existir harmonía e coordinación nas accións realizadas polo grupo. Valórase a dificultade, a técnica e a dimensión artística da composición. Por iso, esta disciplina relativamente nova dentro dos deportes acrobáticos, require de cooperación entre os participantes e da división de roles que debe estar perfectamente esclarecida.

¿Que son os roles?

Os roles son as funcións que caracterizan cada un dos membros do grupo. Por exemplo, en fútbol temos roles de porteiro, defensa, dianteiro,... E, do mesmo xeito no acrosport existen tres roles básicos: portor, áxil e axudantes.

a) Portor: son as bases das pirámides e deben soportar ao áxil, para iso deberán manter a maior estabilidade posible, polo que debe ter forza e grande desenvolvemento muscular para impulsar o corpo do seu compañeiro e sostelo durante un tempo determinado.

b) Áxil: realiza o traballo de axilidade trepando sobre o portor para adoptar unha postura estable e estética. Debe estar axeitadamente adestrado na súa flexibilidade, equilibrio e coordinación.

c) Axudante: serve de apoio ao portor para axudarlle a manter a súa postura. Así mesmo, pode servir de apoio ao áxil mentres trepa ou recollelo en caso de caída.

En competicións o tempo estimado varía segundo a categoría, aínda que podemos tomar como referencia dous minutos e medio (2'30") cunha marxe de máis ou menos 5 segundos.

Categorías:

- Parellas: mixtas, femininas e masculinas.

- Tríos femininos.

- Cuartetos masculinos.

Require gran coordinación, equilibrio e moito esforzo non só físico senón tamén mental, polo que os adestramentos deben ser unha tarefa ardua pero sen dúbida gratificante ao ver os resultados do sorprendente traballo corporal.

O acrosport adestra a mente, permite tonificar músculos de todas partes do corpo e pode ser aprendido por calquera persoa e a todas as idades sempre e cando se adapte en dificultade ás capacidades de cada un e se avance de forma progresiva.

É unha boa forma de divertirse, exercitarse e manter en forma o corpo e mente. Pois se ben parece unha actividade un tanto complexa, despois dunhas clases teórico-prácticas, o nivel do practicante non deixa de subir cada día, xerando unha especie de adicción e a unha descarga de adrenalina impresionantes. Así mesmo, este tipo de actividades desenvólvense dun xeito máis informal nalgunhas clases de Educación Física en institutos e nalgúns colexios como o CEIP PLURILINGÜE SANTA RITA.

  

IMAXES DOS COMPAÑEIROS DE OUTROS CURSOS FANCENDO ACROSPORT