Matemáticas 5º

Introducción e contextualización

O CEIP PLURILINGÜE "SANTA RITA"  ten unha serie de particularidades a ter moi en conta nesta programación e relacionadas íntimamente coa mecánica de aula e metodoloxía  de traballo:

-É centro Abalar. Os grupos de 3º ciclo participan na rede Abalar, con un equipamento informático específico do programa que inflúe directamente no traballo de aula, metodoloxía e recursos a utilizar

-É centro Plurilingüe dende o pasado curso (2011-2012) En toda a Ed.  Primaria a área de Plástica é  impartida dende ese curso  en inglés.

-En este nivel (5º de Ed. Primaria) é un dos centros piloto para levar a cabo a implantación do Libro Dixital EDIXGAL.

-Participa de xeito mui activo e continuado (Desde o ano 1.999) nos Proxectos Europeos Comenius de Asociación de Centros Escolares, atopándose este curso no segundo e derradeiro  ano do proxecto "Shall we dance", xunto cos centros seguintes :Ëcole Jeanne D´Arc de Morteau- Francia;   Scoala n. IV  de  Resita - Rumanía e Gimnazjum Janikowie de Janiikowo -Polonia.

- Participa asimismo en actividades por Proxectos convocadas pola administración educativa como os Plans Proxecta e convocadas por outros entes como "Voz Natura".

- O xeito de entender a Biblioteca Escolar mudou fai uns anos tentando echegar ouso da Biblioteca aos alumnos de xeito físico, creándose para este fin uns espacios nos corredores que os alumnos poden utilizar non só libros en papel, senon tamén e-books,boligrafos dixitais e/ou portátiles; tentando asimismo manter as bibliotecas de aula e os préstamos de libros en papel.

Bloques de contidos

‹‹As matemáticas permiten coñecer e estruturar a realidade, analizala e obter información para valorala e tomar decisións; son necesarias na vida cotiá, para aprender a aprender, e tamén polo que a súa aprendizaxe achega á formación intelectual xeral, e a súa contribución ao desenvolvemento cognitivo. O uso das ferramentas matemáticas permite abordar unha gran variedade de situacións.

As matemáticas son un conxunto de saberes asociados aos números e ás formas, e constitúen unha forma de analizar diversas situacións, identifícanse coa dedución, a indución, a estimación, a aproximación, a probabilidade, a precisión, o rigor, a seguridade, etc. axúdannos a enfrontarnos a situacións abertas, sen solución única e cerrada; son un conxunto de ideas e formas que nos permiten analizar os fenómenos e as situacións que se presentan na realidade, para obter informacións e conclusións que non estaban explícitas e actuar, preguntarnos, obter modelos e identificar relacións e estruturas, de modo que implican non só utilizar cantidades e formas xeométricas senón, e sobre todo, encontrar patróns, regularidades e leis matemáticas››.

Os bloques de contidos que se abordan en Matemáticas son os seguintes:

  • Bloque 1. Procesos, métodos e actitudes en matemáticas.
  • Bloque 2. Números.
  • Bloque 3. Medida.
  • Bloque 4. Xeometría.
  • Bloque 5. Estatística e probabilidade.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Share Alike 3.0 License