Persoa, número e tempo
PERSOA.- As formas verbais varían segundo quen realice a acción.
-
- Se é quen fala, usamos a 1ª persoa.
- Se e quen escoita, usamos a 2ª persoa.
- Se non é quen fala nin quen escoita (de quen falamos), usamos a 3ª persoa.
NÚMERO.- Segundo quen realice a acción sexa unha persoa soa ou máis, as formas verbais serán en SINGULAR ou en PLURAL.
TEMPO.- Tendo en conta que as accións que expresan os verbos se poden realizar en distintos momentos, podemos falar de:
-
- Presente: accións que se realizan no preciso momento no que se fala
- Pasado ou pretérito: Accións que se realizaron nun tempo anterior ao que se fala.
- Futuro: Accións que se realizarán nun tempo que esta por vir.