O verbo
Os verbos galegos
Obxectivos
- Recoñecer os verbos como parte fundamental da oración. Concepto e uso.
- Aprender a identificar os verbos na súas distintas formas: persoa, número e tempo.
- Comprender e aplicar os criterios de concordancia verbo-suxeito.
Xa sabes que...
- Os verbos expresan accións.
- Os verbos coñécense polo seu "nome": INFINITIVO
- En galego hai tres conxugacións segundo a terminación do infinitivo:
1ª conxugación: os verbos acabados en -ar
2ª conxugación: os verbos acabados en -er
3ª conxugación: os verbos acabados en -ir
- Os verbos teñen múltiples formas segundo quen realice a acción, a súa intención e en que momento a realice.