LENDA "A COVA DA DONCELA" Entre abruptos acantilados e marvillosa praias de area branca e fina, atopamos a cova da doncela (Viveiro). Para chegar a ela hai un carreiro, que ás veces é difícil atopar, porque a natureza non descansa. Conta a lenda que unha xoven e fermosa doncela de cabelos coma o ouro e cun longo vestido branco atópase atrapada na cova. Cada ano, na noite de S. Xoán, sae e descende polos acantilados ata chegar á praia. Despois adentrase nas salgadas augas do mar. Mentras se baña peitea o seu dourado cabelo cun peine de ouro e diamantes. Ao rematar o baño regresa á cova e non volve saír ata o vindeiro ano.