O RSS permítenos aforrar tempo á hora de buscar información. Fai que non teñamos que ir ás páxinas que lemos habitualmente (blogs, xornais...) senon que cada vez que hai unha actualización en unha destas páxinas se cree un resumo (feed) que podemos ver utilizando un único programa.
Hai dous tipos de programas que nos permiten ler estes resumos: agregadores e páxinas de inicio.


En moitos blogs e páxinas web atopamos a icona do RSS. Pulsando nela danos a opción de gardar o feed e, nalgun caso, elixir o lector co que queremos velo.


Lectores RSS (agregadores)
Páxinas de inicio
  • igoogle: A primeira vez que o usamos temos que abrilo dende o gmail con máis - aínda máis - igoogle. Despois vai aparecer cando usamos o buscador Google se previamente cubrimos o nome de usuario e contrasinal no gmail, blogger ou calquera outro servizo.
  • Netvibes
  • PageFlakes
Netvibes

View more presentations from tamarta
Máis información
  • RSS explicado. Explicacións sinxelas e moi completas do uso do RSS e varios agregadores.
  • A columna do Señor Wally. Tutorial de Netvibes para novatos
  • RSS navegará por ti na gacetilla bitacorera de Anibal de la Torre
  • xFruits. Aínda non traballei moito con esta páxina pero as opcións que ofrece son impresionantes: converte canais RSS en arquivos PDF, MP3, páxinas web, juntar varios RSS nun...



Licencia de Creative Commons
Este obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial 3.0 España.
Última modificación: luns, 21 de marzo de 2016, 10:40 AM