1.4. Servizo Premium de atención e soporte á educación dixital
Servizo de atención Premium |
Servizo Premium de atención e soporte á educación dixital
Co fin de mellorar a calidade e a dispoñibilidade dos servizos e a infraestrutura tecnolóxica a disposición dos diferentes colectivos que forman a comunidade educativa pertencente á Rede de Centros E-Dixgal, está operativo o Servizo Premium de atención, soporte e acompañamento.
Este servizo presta un soporte especializado á infraestrutura tecnolóxica, á plataforma de acceso aos de contidos didácticos e ás ferramentas de seguimento do alumnado proporcionados pola Xunta de Galicia á comunidade educativa dos centros E-Dixgal, recollendo as consultas, notificacións de incidencia, ou as solicitudes e a aclaracións de dúbidas sobre o Proxecto de Educación Dixital.
As nais, os pais ou o alumnado deberán dirixirse ao Servizo Premium para xestionar e solucionar calquera incidencia ou dúbida que teñan sobre o equipo do/a alumno/a ou o acceso e uso da Plataforma de Contidos Dixitais (EVA) tanto online como offline.
O profesorado que imparte algunha materia en cursos E-Dixgal, así como os/as coordinadores/as, deben empregar este Servizo Premium para notificar e xestionar as incidencias do equipamento dixital das aulas (encerado dixital, videoproxector, portátil de aula, carro de carga, WIFI Abalar, servidor Abalar e SAI) , as dos equipos do alumnado e as do portátil do profesorado facilitado pola Xunta de Galicia aos docentes que imparten materias dentro do Proxecto Educación Dixital. As incidencias de acceso á plataforma de Contidos Dixitais, así como as súas posibilidades de uso e as pautas para un correcto funcionamento da mesma, tamén deben ser motivo de consulta no Servizo Premium.
O contacto co Servizo Premium pódese facer durante as 24 horas do día a través das seguintes canles:
| TELÉFONO: 881 86 99 00 | |
![]() |
CORREO-E: soporte.premium@edu.xunta.es |
Co fin de axilizar a resolución de incidencias e acurtar distancias entre os usuarios do servizo e a infraestrutura de soporte, o Servizo Premium pon en marcha os seguintes servizos adicionais:
- Atención de incidencias no propio domicilio dos docentes e familias dos alumnos, se fose necesario.
- Atención de incidencias descentralizada in situ en numerosos Puntos Físicos de Atención Homologada (debidamente sinalizados co logotipo do proxecto).
Os puntos físicos de atención homologada están repartidos nas catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia e situados estratéxicamente de maneira que cada centro educativo E-Dixgal dispoña nas súas proximidades de algún destes puntos.
Rede de puntos físicos de atención homologada
No seguinte mapa interactivo pódense consultar os Puntos Físicos de Atención homologada que actualmente están dispoñibles en todo o territorio. Pulsando sobre os marcadores que aparecen no mapa móstrase a información detallada de cada un deste puntos de atención.
Todos os puntos físicos de atención homologada deben estar perfectamente identificados co logotipo oficial do proxecto, nun lugar do establecemento que sexa visible desde o exterior e claramente lexible.

![]() |
