A ter en conta
Tentaremos levar a cabo un traballo en grupo que siga o modelo pedagóxico CAIT (Constructivo, Auto-regulado , Interactivo e Tecnolóxico).
O principio xeral será que as decisións pedagóxicas irán por diante das tecnolóxicas,esto é, non partimos da ferramenta, senón que escollemos a ferramenta en función do traballo a realizar.Parece, xa que logo, prioritario concretar, partindo das Programacións de Aula, as Unidades Didácticas que imos crear propoñendo de xeito claro e preciso, sobre todo, as competencias que pretendemos que o alumno acade en cada unha delas.
As seguintes decisión a tomar serían:
-Os plantexamentos metodolóxicos e pedagóxicos que aplicaremos.(Ver modelo CAIT)
-As cuestións legais que deberemos respectar .(Licenzas, citas...)
-Medios tecnolóxicos que se axusten as decisións anteriores (Accesibilidade, Accesibilidade Interactividade,..) .Algunhas directrices. Pautas de Diseño Universal de Apendizaxe(DUA)