O módulo Ficheiro permítelles aos profesores fornecer un ficheiro como un recurso da materia. Cando sexa posíbel, o ficheiro presentarase dentro da interface da materia; se non é o caso, preguntaráselles aos alumnos se queren descargalo. O ficheiro pode incluír ficheiros auxiliares, por exemplo, unha páxina HTML pode ter integradas imaxes ou obxectos Flash.

Vexa que os alumnos precisan dispor do software axeitado nos seus computadores persoais para poder abrir os ficheiros.

Un ficheiro pode utilizarse para

  • Compartir presentacións dadas na clase
  • Incluír un minisitio web como recurso do curso
  • Fornecer os alumnos con ficheiros en borrador de certos programas de software (p.ex. Photoshop .psd) para que os alumnos poidan editalos e envialos para avaliación
Última modificación: luns, 16 de outubro de 2017, 1:23 AM