Wiki
O módulo de actividade wiki permítelle aos participantes engadir e editar unha colección de páxinas web. Un wiki pode ser colaborativo, onde todos poden editalo, ou pode ser individual, onde cada persoa ten o seu propio wiki que soamente ela poderá editar. Consérvase un histórico das versións previas de cada páxina do wiki, permitindo consultar os cambios feitos por cada participante.Os wikis teñen moitos usos, por exemplo:
Para xerar uns apuntamentos de clase colaborativamente entre todos
Para os profesores dunha escola que planean unha estratexia ou reunión de traballo en equipo
Para estudantes que traballarán en equipo nun libro en liña, creando contidos dun tema elixido polos seus titores.
Para a narración colaborativa ou creación de poesía grupal, onde cada participante escribe unha liña ou un verso.
Como un diario persoal para apuntamentos para exame ou resumos (wiki persoal)